Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta Hotel Papel b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Hotel Papel b>. Amosar todas as publicacións
28/02/16
Bashô. El loco de la poesía
Hotel Papel publica este álbum ilustrado que non vos deixará indiferentes: François Keritel e Fréderic Clément achéganos a figura do pai dos Haikus neste preciosísimo libro titulado Bashô. El loco de la poesía. Con el, percorreremos a pé Xapón e descubriremos quen foi e que fixo o pai dos Haikus, Matsuo Bashô no século XVII, un home que rexeitou a tradición familiar das armas para acollerse ao mundo poético, popularizando esta breve forma poética que captura o momento e a beleza. E beleza é a palabra que define este libro despregable nalgunhas páxinas que posúen toda a delicadeza do haiku. É un libro absolutamente fermosísimo que desprega poesía visual e literaria.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Hotel Papel, Poesía, Recomendamos
27/02/16
Winnipeg
Laura Martel e Antonia Santolaya son as artífices deste cómic imprescindible publicado por Hotel Papel: Winnipeg. El barco de Neruda. Unha historia máis do noso pasado recente que non se coñece. A cidade de Valparaíso recibiu o 1 de setembro de 1939, día do comezo da II Guerra Mundial, un barco con 2500 exiliados da Guerra Civil, grazas ao compromiso de Pablo Neruda e da súa muller Delia del Carril co pobo español. Este compromiso qudou reflectido no poemaria "España en el corazón". Esta é, sobre todo, unha historia de solidariedade, unha solidariedade que esquencemos arestora co que ocorre ao noso arredor. É unha historia que debemos ler e debemos lembrar, sobre todo porque é unha hai máis que nos afecta e que seguramente é descoñecida. Quizais haxa detrás erros pero o resultado é o que conta. E este cómic paréceme que sabe describir sensacións e sentimentos.
A historia está ben narrada, cun labor previo de documentación importante. Pero grazas aos debuxos a lapis todo adquire un maior relevo. Un escenario en branco e negro que forma parte de nós como a historia triste do exilio do ser humano por razóns de ideoloxía.
Neruda: “Que la crítica borre toda mi poesía, si le parece. Pero este poema, que hoy recuerdo, no podrá borrarlo nadie”.

Atoparalo en Cómic, Guerras, Hotel Papel, Recomendamos
11/01/15
De vez en cuando
Dentro da mesma colección que mencionamos antes -"Corazonadas"-, da editorial Hotel Papel, está este álbum de Anna Herbauts, De vez en cuando fala do paso do tempo, das apertas que ás veces nos dá a vida, dos baleiros que nos deixa, das expectativas que nos crea. Porque todo isto, xunto, conforma a vida, que de cando en vez deita sorpresas, tristuras, ledicias, imaxes e lembranzas que imos agochando no noso interior.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Hotel Papel, Recomendamos
Los demonios caca
Inaugura a editorial Hotel Papel unha nova colección chamada "Corazonadas" con este álbum de Fabienne Loodts: Los demonios caca, unha parábola sobre a parte negativa do noso ser, un álbum moderno sobre algo histórico do ser humano, os malso sentimentos. O libro que temos entre as mans sorprende dende a primeira ata a última páxina, educando de xeito entretido pero firme.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Hotel Papel, Recomendamos
02/04/13
Nuevos colores
A editorial Hotel Papel na súa colección Violeta infantil publica Nuevos colores con texto de Fran Nuño e ilustracións de Natalia Colombo que ofrece a tradución ao inglés ao final do libro. Un fermoso libro sobre a ceguera e o seu propio xeito de ver o mundo que nos fará reflexionar sobre como se poden ver as cousas dende diferentes ópticas.
A historia é conmovedora e ideal para traballar este tema cos pequenos, para que sexan conscientes das dificultades que cada día enfrontan os cegos. Porque, como explicar as cores?
El pintor llegó al pueblo por la mañana y se sentó
en mitad de la plaza, junto a la máquina que traía consigo. Aquel
aparato era un invento que había comprado en el Lejano Oriente y servía
para extraer de los ojos de las personas los colores que habían visto a
lo largo de su vida. El pintor quería colores con nuevas tonalidades
para crear su próximo cuadro y por eso iba recorriendo el mundo
buscándolos. A cambio, pintaría un retrato a quien tuviera los ojos que
guardaran esos colores.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Hotel Papel, Recomendamos
25/03/12
Mujeres pluscuamperfectas
Da man da editorial Hotel Papel temos este refrescante libro de Diana Raznovich Mujeres pluscuamperfectas. Un libro divertido e acedo, a autora consegue tomar con humor os temas máis candentes e actuais, sexan os falsos valores ou a propia violencia. E se non, mira as recomen
dacións:
dacións: Si no quieres dejar de pensar pero necesitas pensar
de otra manera, si pensar es como reírse al revés,
si el humor es una cosa bastante seria, si necesitas
que te acompañe antes de de dormir, si estás dispueta
o dispuesto a usar esa parte de tus neuronas ligadas
al distanciamiento necesario para entender lo cercano,
si Europa se hunde pero sólo por siete minutos, si USA
te reventó la vida antes de suicidarse, si Obama es una opción posible, si Mujeres Pluscuamperfectas te resulta imprescindible
para seguir no entendiendo nada, regálalo en estos fríos
de final de casi todo y de comienzo de casi algo, te lo
recomiendo no sólo por interés de que lo leas, sino por que
te vas a divertir y eso es bastante bastante bueno.
Atoparalo en Cómic, Hotel Papel, Humor, Lectura, Libros, Recomendamos
01/07/10
Los doce abrigos de mamá
Con texto de Marie Sellier e ilustracións de Nathalie Novi, Los doce abrigos de mamá editado por Hotel Papel (en inglés e en castelán), lévanos da man dos diferentes humores polos que pasamos as persoas.
Mamá ten doce abrigos diferentes na cor, na forma, no tacto... que indican o carácter de mamá en cada ocasión. Como os doce meses do ano, o álbum agasállanos con doce poemas convertidos en arte. Doce sentimentos diferentes, porque as mamás, aínda adorando aos seus descendentes, son persoas, e teñen dereito a soñar, a ter medo, a chorar, a sorrir, a ser feliz, a enfadarse... e cambiarse de abrigo segundo necesidades ou momentos.
Ollo! O peor abrigo é o da ausencia.
Mamá ten doce abrigos diferentes na cor, na forma, no tacto... que indican o carácter de mamá en cada ocasión. Como os doce meses do ano, o álbum agasállanos con doce poemas convertidos en arte. Doce sentimentos diferentes, porque as mamás, aínda adorando aos seus descendentes, son persoas, e teñen dereito a soñar, a ter medo, a chorar, a sorrir, a ser feliz, a enfadarse... e cambiarse de abrigo segundo necesidades ou momentos.
Ollo! O peor abrigo é o da ausencia.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Hotel Papel, Recomendamos
04/05/10
Carmen Martín Gaite
Non coñecía esta colección de "Violeta Infantil. Biografías" adicada a mulleres que aunaron vidas valentes con obras imperecedoiras. Arestora estou ante un fermoso libro bilingüe que conta a vida de Carmen Martín Gaite. O subtítulo é A la aventura subida en un
a pluma, e quen asina é Luisa Antolín acompañada das ilustracións de Juan Manuel Santomé. A editorial: Hotel papel.
Carmiña é a protagonista desta aventura que é convertida así nunha heroína para os nenos e as nenas que se acheguen a este libro. Carmiña é unha nena que sobre todo ama a palabra escrita, que é quen de inventar palabras que lle fan falla mentres que se van rompendo tópicos sobre as mulleres-princesa que non o son. Un xeito de educar en igualdade moi afortunado.
"Un día, me encontré con Carmen Martín Gaite, que iba cantando por las calles de Nueva York con Caperucita y la señora Miss Lunatic, la maga de la libertad.“Miranfú” me susurró al oído. Era una palabra mágica que sólo ella conocía porque Carmiña – que así la llamaban quienes la querían – se inventaba palabras y también otras cosas, como la Isla de Bergai, un sitio donde puedes ir con solo cerrar los ojos cuando sientas que no te quieren mucho o que no te entienden muy bien. Desde aquel día, voy de la mano de las palabras. Con ellas, el mundo es más grande y más divertido. Si quieres, puedes venir con nosotras a descubrir el Reino de la Libertad. Sólo hay una condición: que no tengas miedo a la aventura.
a pluma, e quen asina é Luisa Antolín acompañada das ilustracións de Juan Manuel Santomé. A editorial: Hotel papel.Carmiña é a protagonista desta aventura que é convertida así nunha heroína para os nenos e as nenas que se acheguen a este libro. Carmiña é unha nena que sobre todo ama a palabra escrita, que é quen de inventar palabras que lle fan falla mentres que se van rompendo tópicos sobre as mulleres-princesa que non o son. Un xeito de educar en igualdade moi afortunado.
"Un día, me encontré con Carmen Martín Gaite, que iba cantando por las calles de Nueva York con Caperucita y la señora Miss Lunatic, la maga de la libertad.“Miranfú” me susurró al oído. Era una palabra mágica que sólo ella conocía porque Carmiña – que así la llamaban quienes la querían – se inventaba palabras y también otras cosas, como la Isla de Bergai, un sitio donde puedes ir con solo cerrar los ojos cuando sientas que no te quieren mucho o que no te entienden muy bien. Desde aquel día, voy de la mano de las palabras. Con ellas, el mundo es más grande y más divertido. Si quieres, puedes venir con nosotras a descubrir el Reino de la Libertad. Sólo hay una condición: que no tengas miedo a la aventura.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Escritores, Hotel Papel, Igualdade, Muller, Recomendamos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.