Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/10/16

Take Me Home

A historia dun pequeño cadeliño que agarda ser adoptado

Lévame á casa


A lenda de Sally Jones

Sushi Books trae á nosa lingua este sorprendente e atractivo libro de Jakob Wegelius, A lenda de Sally Jones, unha metáfora da maldade e da vileza, tamén da amizade e da bonhomía, asemade da morriña e da traizón. De todo hai neste libro que vén a ser unha novela de aventuras protagonizada por un gorila que posúe grandes calidades ás veces esquecidas polos humanos, como son a lealdade ou mesmo a xenerosidade e a amizade sen paliativos. Un álbum ilustrado maxistralmente que se le nun salaio e que deixa un pouso de esperanza; entre a crueldade pode haber xente boa.



Un oficio como cualquiera

Como ben di Pilar Aguilar Carrasco no seu muro de Facebook: "Si la prostitución es un oficio como otro cualquiera ¿tendrá que haber formación profesional, no?". A insensatez do absurdo, vaia.

30/10/16

El monstruo de la sra. Mo

Na editorial Tramuntana atopamos este álbum infantil de Paul Beavis: El monstruo de la sra. Mo é un libro infantil, divertido, que terá un final sorprendente. Claro, podedes maxinar que pode suceder se entra un monstro na vosa casa. Un monstro que todo o destrúe porque todo o quere comer. Pero como é un monstro ben disposto, tamén o estará a axudar. E a saber como! E é que este monstro ben é unha metáfora do comportamento de nenos e nenas que derrochan enerxía e que debemos encauzala de xeito positivo. Por iso resulta tenro e conciliador.

Non á violencia contra as mulleres (CDLXXXVIII)














Estas artistas uníronse a unha campaña en contra da violencia en contra das mulleres chamada “Life Can Be A Fairytale, If You Break The Silence”: "ningunha muller é inmume á violencia de xénero". As fotografías teñen ciruculado polas redes sociais coa frase "a vida pode ser un conto de fadas, se se racha o silencio".



29/10/16

Aria for a Cow



Vía

La puerta


Michel Van Zeveren é o autor de La puerta publicado pola editorial Corimbo. Un pequeno álbum divertídisimo sobre a necesidade de gozar dun espazo propio, dunha intimidade que en determinados momentos cada persoa necesita. Porque estar só consigo mesmo é necesario. E porque o respecto a esa intimidade persoal, esa necesidade inherente ao ser humano é algo que debemos, quizais, aprender, é necesario este fermoso e divertido libro que tamén fala da importancia de comunicar os nosos sentimentos.




28/10/16

¿Qué quieres ser de mayor?

Spot finalista do segundo Concurso Publicitario Audiovisual “A favor de sobre la Responsabilidad e Igualdad de Género” da Universidade de Zaragoza e o Instituto Aragonés da Muller.
Coma este.
Porque os roles de xénero non nacen, fanse.

27/10/16

Seguiremos - Hospital Sant Joan de Déu y Macaco

Fai o teu donativo en http://www.sjdhospitalbarcelona.org/e... se queres financiar a investigación do cancro infantil.
Os nenos e nenas da planta de Oncoloxía do Hospital Sant Joan de Déu e os profesionais e voluntarios que os acompañan, cantan con Macaco a canción "Seguiremos", unha mensaxe de esperanza para concienciar sobre a importancia da investigación na loita contra o cancro infantil.

A casa do sono

Encantoume este álbum ilustrado de Audrey Wood e Don Wood que vén de publicar na nosa lingua a editorial Lata de Sal: A casa do sono chama a atención por varios motivos, polas ilustracións, dunha beleza extraordinaria e dunha ledicia contaxiosa, e polo texto, acumulativo -referente mundial desta lectura, seica- que resulta deliciosamente divertido. As cores do libro cambian dun xeito radical da primeira parte do texto á segunda, de cando durmen a cando espertan, sendo primeiro cores azuis e grises para convertérense en cores vivas e chamativas.
Quen se resiste a non pasalo ben coa lectura e logo a durmir???


Libros de metáfora

 Jungho Lee utiliza os libros nunha ampla gama de metáforas visuais que ven dende a fachada dun edificio ata as ás dun avión, mimetizando a súa paixón polos libros e levándonos a mundos cheos de soños onde todo é posible. 

26/10/16

I Found A Star

I Found A Star from 卤猫 on Vimeo.

#Noalatasarosa

Spot finalista do segundo Concurso Publicitario Audiovisual “A favor de sobre la Responsabilidad e Igualdad de Género” da Universidade de Zaragoza e o Instituto Aragonés da Muller.



Xa vimos o gañador deste certame e o gañador do primeiro.

25/10/16

SAGA DA AMAZÔNIA por SOCORRO LIRA



Vía

Mi amigo Libro

Fermosísimo este álbum que publica Blackie Books de Kirsten Hall con ilustracións de Dasha Tolstikova: Mi amigo Libro dálle voz a un libro, un libro que como calquera libro necesita ser comprado, lido, amado, respectado... tanto que ata nos ensina a coidalo, dándolle unhas gardas. Así que estamos ante unha historia metaliteraria onde Libro nos conta a súa propia historia de amor e celos, porque tamén os hai, claro, cando un animal ou outra persoa compite no cariño. E é que os libros, coma este, senten profundamente canto hai arredor. Unha historia de amizade e cariño entre unha nena e un libro, unha historia que podería ocorrer en calquera casa... se se lle dá a oportunidade!
Unha homenaxe aos libros de papel que foi seleccionado polo "New York Times" como un dos mellores álbums ilustrados do ano.
Merquemos libros, amémolos, e sobre todo, leámolos.




24/10/16

Boas noites, biblioteca!

Ilustración de José Luis Lillo

Hoxe foi o Día da Biblioteca. Para nós, todos os días do ano.
Ilustración  de Joost Swarte
Ilustración  de Hyun Jung Im
Ilustración  de Helena Hauss
Ilustración  de Chris Silas Neal
Ilustración  de Ana Pez
Ilustración  de Alexander Henry
Ilustración  de Catarina Sobral
Ilustración  de Alex F
Ilustración  de Alessandra de Cristofaro
Ilustración  de Tania Juarez i Carlos Vélez
Ilustración  de Nicole Gustafsson
  Ilustración de Cecco Mariniello
Ilustración  de Dani Torrent
Ilustración  de Emma Block
Ilustración  de Manolo Morgado
Ilustración  de Sophie Blackall
Ilustración  de Valentine Rekunenko
  Ilustración de Yuki Kawatsu
Ilustración  de Mónica Carretero

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.