Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/02/13

Prescindibles

Unha curta de Joan Álvarez Lladós para o concurso 'No todo film fest'. Un ERE nunha empresa, un desalmado executivo e unha orixinal vinganza. "Repite: he sido malo, merezco un castigo". 




vía

El papel de mi familia en la revolución mundial

Curiosísima e divertida novela de Bora Cosic publicada por Minúscula: El papel de mi familia en la revolución mundial é unha aceda crítica á política iugoslava da metade do século XX. Narrada en primeira persoa por un anónino rapaz que ten unha familia tan estrámbotica que a el todo lle parece normal. Tanto que o libro é unha sucesión de escenas surrealistas propias dunha película humorística na que nada ten moito sentido, a base de frases curtas e ritmo frenético para impregnar de rebeldía o feito de adaptarse a canto cambio político sucede porque, ante todo, hai que sobrevivir.


Mamá siempre pensaba en casos de injusticia y enfermedades que hacían estragos por todas partes, pero al final encontraba algo que nos alegraba a todos. Papá decía a menudo: “Mamá es una santa”, pero de una manera un tanto burlona. Mis tías me dieron para leer la historia de una madre que recoge ramas en el bosque descalza, y llegan los lobos y se la comen.

Keny Arkana - Indignados

27/02/13

Flying Eye Books

Mirade que curta tan fermosa me mandaron!!!:


Flying Eye Books from James D Wilson on Vimeo.

Secreto de familia


Publicado por Fondo de Cultura Económica, este divertido Secreto de familia é da autoría de Isol: un álbum para ler cun sorriso polo argumento ben divertido e bastante veraz que nos ofrece: como somos cando nos erguemos? Seguro que podemos identificarnos con algún personaxe da historia! Fantasía infantil sobre o aspecto e a familia con ilustracións ben expresivas e simpáticas.



 

26/02/13

Il golosone

Porquiño goloso:


Il golosone por sanghi
 

El corazón y la botella

Directo ao corazón chega este álbum de Oliver Jeffers publicado por Fondo de Cultura Económica, El corazón y la botella. Unha fermosa metáfora que fala da perda e da esperanza, do bo que é sentir aínda que ás veces toque sufrir. Falar da morte non é doado: Oliver Jeffers conségueo cun texto sinxelo e unhas imaxes case esquemáticas sen flocos innecesarios porque a sensibilidade que move este libro é absoluta. Nel atoparedes tenrura e emoción. Porque... como afrontar a soidade, a adversidade, o sentimento de non poder seguir adiante despois de perder un ser querido? Como encarar unha vida que nos deixa orfos? Sempre hai unha solución, e esta non é agochar o corazón dentro dunha botella. Porque, ao fin e ao cabo, precisamos sentirnos vivos. E para isto ben que nos cómpre utilizar o corazón. Cantas veces non vos abraiades ao sentir tanto amor que nos asolaga por dentro?



"Había una vez una niña, como cualquier otra niña; tenía la cabeza llena de curiosidad por todas las maravillas del mundo, llena de imaginaciones sobre las estrellas, llena de asombro por el mar."








Utilicemos o corazón. Será máis sinxelo….




Project Glass

Algún día...:


¿Por qué no nos gusta la LOMCE?

25/02/13

Ilustrar bibliotecas

Espazo máxico para a ciencia, a investigación, a maxinación, a aventura... Aquí tedes ilustracións de Andrea Musso que nos falan de que a biblioteca é unha porta aberta ao mundo... e outras moitas.












Vía


(ilustración de Lina Dudaite)


(ilustración de Fernando Vicente)














ilustracións de Mihay Bodó

  (ilustración de Benoit van Innis)

(ilustraicón de Mihay Bodo)
  (fotografía de Didier Bernard)
  (ilustración Mónica Carretero)
(ilustración de Mara Cerri)
  (ilustración de Dave Cutler)
(ilustración de Maia Cummins)
  (ilustración Paul Rumsey)
 (ilustración de Peter Ferguson)
 (ilustración de Rob Gonsalves)
 (ilustración de Tatsuro Kiuchi)
 (ilustración de Valentine Rekunenko)
(ilustración de Joyce Hesselberth)
(ilustración de Tom Schamp)
(ilustración de Leah Piken Kolidas)
 (ilustración de Nicoletta Costa)
 (ilustración de Quetin Greban)
 (ilustración de Molly Cornelius)

 (ilustración de Rebecca Dautremer)



 (ilustsración de Gurbuz Dogan Eksioglu)

  (ilustración de Lori Preusch)

  (ilustración de Wai Khan Au)


Estas que veñen son de Carl Hammoud :












Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.