Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura. Amosar todas as publicacións

14/08/20

Aventura literaria

Ler é arte.

09/08/20

Esto es leer, quien lo probó lo sabe

 



09/02/20

Medio pan e un libro

Hai libros que deben estar en todas as bibliotecas. Nas escolares, nas públicas, nas familiares. Porque son deses libros que debemos follear de cando en vez, porque son deses libros que fomentan a lectura, porque son deses libros que nos fan reflexionar sobres os Dereitos Humanos... Hai diversas razóns porque hai libros que son así, imprescindibles. Este é un deles.
En setembro de 1931, o poeta Federico García Lorca leu en voz alta este manifesto a favor dos libros e da lectura. Inaugurábase a biblioteca pública da súa vila natal, Fuente Vaqueros, en Granada, e aínda que a mensaxe que segue tan vixente agora coma daquela. Teño buscado este texto moitas veces para usalo en diferentes bibliotecas escolares polas que andei, nalgunha das actividades que organizabamos. A xenialidade é que a editorial Kalandraka non só o edita e recupera, senón que o fai arestora nun libro nas catro linguas do estado. Pódese pedir máis? Medio pan e un libro está agora ao noso alcance para seguir traballando co poder transformador dos libros. Eses que ás veces son tan perigosos que algúns ditadores mandan destruír. Por que será?


https://www.slideshare.net/Leire7/comentario-crtico-medio-pan-y-un-libro

01/02/20

Si no te gusta leer, no es culpa tuya


Se me encanta Jimmy Liao, imaxinade canto me pode gustar un libro del que fala do pouco que se le e do pouco que se ama ir ás pequenas librarías. Así é o seu título publicado por Barbara Fiore Si no te gusta leer, no es culpa tuya
“La librería de la esquina quizá tenga que cerrar. He sido el primero en enterarme porque mi padre es el dueño”. Así, o protagonista convoca a unha reunión a amiguiños e amiguiñas para que o axuden. Unha reunión que vén sendo como unha especie de club de lectura por onde pasan de crequenas baixo unha ollada sarcástica voces como a de Orhan Pamuk, Stephen King, Margaret Atwood, Aldous Huxley, Italo Calvino, Haruki Murakami, Ursula K. Le Guin, Astrid Lindgren, Ray Bradbury, Neil Gaiman…  ou iconos cinematográficos como Audrey Hepburn, Woody Allen o Marilyn Monroe. Camiñando polas súas páxinas, mentres admiramos o seu estilo inconfundible e colorido, tamén alcánzanos unha pátena de tristura pola sensación da perda de afección á lectura, o peche de tendas pequenas e vibramos asemade coa súa homenaxe aos libros, aos editorxs, escritorxs, ilustradorxs e a quen nos permite gozar do pracer da lectura.




23/04/19

Para non esquecer



12/04/18

La magia de la lectura

 Campaña de fomento da lectura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte xunto con Disney: un vídeo de 20 segundos protagonizado por diferentes personaxes desta factoría que ten como lema: Los libros están llenos de historias emocionantes. Descubre tú también la magia de la lectura





Vía El País

10/02/18

Eu quero un libro

12/05/17

Vidas extra

06/05/17

Tu libro, tu elenco

Campaña lanzada en maio de 2014 pola libraría Steimatzky cunha mensaxe da liberdade que supón poder imaxinar os personaxes como queiramos.






Visto aquí.

24/04/17

Leer en corto

01/03/17

Esculturas con libros

Jacqueline Rush Lee é unha artista que traballa con libros usados para crear esculturas tan orixinais coma estas que veño de ver en Cultura Inquieta:













06/02/17

Unha historia que te leva

Campaña de fomento da lectura de 2014 de The Bookstore que fala do risco e aventura que supón adentrarse nas historias que atopamos nos libros.






04/02/17

Un libro pode cambiar a historia da túa vida

Campaña para o fomento da lectura da editorial Penguin Books en 2011.

Unha campaña chegada desde Beijing, baixo o lema: "Un libro pode cambiar a historia da túa vida" (A book can change the story of your life)





01/01/17

El libro de los libros

Un tema en común, ou sexa, unha paixón, o libro. Se sentes este amor, estás ante un libro que quererás ter, publicado por Nórdica: El libro de los libros de Quint Buchholz, un delicioso percorrido sobre imaxes librescas deste magnífico ilustrador que serven como inspiración para os relatos que acompañan as imaxes. Unhas imaxes que mesturan ficción e realidade, espazos invisibles e liberdade fotográfica. 46 autores colaboran nesta tarefa espléndida de dar voz á ilustración, unha homenaxe ao mundo dos libros e de todo canto podemos atopar neles. Diferentes formas de achegarse ao mundo ilustrado que nos agasallan con técnicas narrativas e resultados ben variados.
Un imprescindible.


31/12/16

A meniña de LIBROS

Cando o vin por primeira vez, estaba nun escaparate dunha libraría de Santiago. Era noite e estaba pechado. Pero tan pronto o vin, só co título, souben que a editorial era Patas de peixe. Non me preguntedes o motivo, pero sóubeno. E iso que de nada informa esta portada, agás do título. Claro que unha portada como esta, con ese título, cun libro e unha chave, é máis ca suficente, non credes? Así que o libro conquistoume dende xa. Tamén teño que dicir que eu son unha facilona, deseguida namoro. Tampouco é que cumpra moito máis...
EStou a falar dun álbum de Oliver Jeffers e Sam Winston titulado A meniña de LIBROS, que vén a ser como unha homenaxe a toda a Literatura, xa que o libro transcorre por un mar de palabras que atravesan contos de fadas e montañas fantásticas, aventuras que só podemos atopar nos libros ou que só viven algúns escollid@s... todo aquilo que un libro nos proporciona está resumido aquí, nestas páxinas cheas de letras que forman paisaxes tipográficas nun abraiante poema de fomento de lectura.
Si, un deses álbums tesouro que temos nos andeis... 







27/11/16

La librería perdida

Aurora Ruá e Oscar Perales amosan o poder da lectura en La librería perdida, álbum ilustrado publicado pola Fragatina. Un lugar, unha moza, un misterio. A solución só se poderá topar nos libros, porque neles están todas as vidas, todos os lugares, todos os mundos. Só hai que comezar a ler... e o misterio estará resolto. Porque abrir un libro é adictivo, e dese mundo non hai volta posible. 
Proba e verás.



07/11/16

Que fai a lectura por nós?



É de Hortensia Román!

25/10/16

Mi amigo Libro

Fermosísimo este álbum que publica Blackie Books de Kirsten Hall con ilustracións de Dasha Tolstikova: Mi amigo Libro dálle voz a un libro, un libro que como calquera libro necesita ser comprado, lido, amado, respectado... tanto que ata nos ensina a coidalo, dándolle unhas gardas. Así que estamos ante unha historia metaliteraria onde Libro nos conta a súa propia historia de amor e celos, porque tamén os hai, claro, cando un animal ou outra persoa compite no cariño. E é que os libros, coma este, senten profundamente canto hai arredor. Unha historia de amizade e cariño entre unha nena e un libro, unha historia que podería ocorrer en calquera casa... se se lle dá a oportunidade!
Unha homenaxe aos libros de papel que foi seleccionado polo "New York Times" como un dos mellores álbums ilustrados do ano.
Merquemos libros, amémolos, e sobre todo, leámolos.




27/09/16

IMAGINATION IS FREE

 Porque cómpre o maxín...


IMAGINATION IS FREE from Oliver Jeffers on Vimeo.

04/09/16

Ñac-Ñac. El monstruo comelibros

Enma Yarlett é a autora deste álbum immprescindible para todo amante dos libros e da lectura: Ñac-Ñac. El monstruo comelibros está publicado por Cubilete (Bruño). Divertido libro con páxinas troqueladas e formato orixinal con buratos e superposicións doutros libros, onde pasearemos con este terrible monstro que adora comer libros, aínda que el morde todo o que teña por diante. O orixinal vén dado porque ao seguir as aventuras deste temible mordedor irá facendo buratos polos libros que vai comendo, polo que faremos un percorrido por diversos contos clásicos ben coñecidos e que el alterará ao mordelos. O dinamismo da lectura vén dado precisamente por esta "caída" sucesiva dun conto a outro, desexando saber onde rematará este monstro.


0

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.