E, claramente, afástome de Gaturro, eu prefiro pasar ao novo ano:

Imos prohibir a tristura por un instante:
Feliz, moi feliz ano.
Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Atoparalo en Humor, Poesía, Reflexións
Atoparalo en Actualidade, Reflexións
Atoparalo en Música, Reflexións
Atoparalo en Igualdade, Reflexións, Relixión, Solidariedade
Leo en Brétemas:
Atoparalo en Dereitos Humanos, Guerras
Atoparalo en Fotografía
Debuxo, poesía, música, todo xunto no corazón, todo concentrado en menos de 3 minutos:
Poema de Alberto Lema, do seu libro Plan de fuga:
En Territorio Inimigo
Observa compañeiro o exército inimigo,
conta os innúmeros soldados
as espadas, as lanzas, os satélites,
(e algún dos teus tamén está con eles)
observa, e comprende que a vitoria
é imposible. Terás que aprender
a vivir entre eles agochando
todo o que te poida delatar
porque non houbo batalla, compañeiro,
nin vencidos, e levamos toda a vida
vivindo en territorio inimigo.
Atoparalo en Escritores, Poesía
Atoparalo en Arte
Co suxestivo título Unha puta percorre Europa iniciouse Alberto Lema (Vimianzo, 1975) na narrativa galega. E pola súa frescura, que non banalidade, espero que continúe nela. A obra aborda o tema da prostitución dun xeito directo, sen hipocrisías e tamén sen maniqueísmos nin esquemas simplistas. Con situacións e personaxes diversos dános que pensar, se queremos, claro, porque o que predomina é a acción, a reflexión vai pola nosa conta. O meu padriño leva anos dicindo unha frase que penso que lle acae á perfección a esta novela-policial-política-feminista: “as cousas sonche dunha chea de maneiras”. Pois si. E, ademais, está o final: desconcerta e obriga á relectura do comezo. En definitiva, unha novela que dá que falar desde a primeira á última páxina.
Grazas novamente, Rosa
Atoparalo en Colaboracións, Galaxia, Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos
Atoparalo en Actualidade, Fotografía
Atoparalo en Humor, Publicidade
Atoparalo en Actualidade, África, Dereitos Humanos, Fotografía
Atoparalo en Destino, Lectura, Libros, Recomendamos, Tecnoloxía
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Norma, Recomendamos
Atoparalo en Arte, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
Anxo e mais eu desexamos a todos @s nos@s lector@s e amig@s:
Claro que sen esquecer o humor...
Atoparalo en Humor, Reflexións
Atoparalo en Actualidade, Dereitos Humanos, Linguaxe, Sociedade, Solidariedade
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Norma, Recomendamos
Atoparalo en Actualidade, Fomento da lectura, Galicia, Lectura
Atoparalo en Actualidade, Música, Publicidade
Atoparalo en Fomento da lectura, Infancia, Lectura
.- Bali Rai: Un casoiro ben mal amañado. Sotelo Blanco : 41 votos
.- Breogán Riveiro: Tonecho de Rebordechao . Galaxia : 20 votos
.- Xosé Miranda: O meigo de Salamanca. Xerais : 16 votos
.- John Boye: O neno do pixama a raias. Faktoría K : 15 votos
.- Fina Casalderrey: A Lagoa das nenas mudas. Xerais : 11 votos
.- J. K. Rowling: Harry Potter e a pedra filosofal. Galaxia : 11 votos
.- Fina Casalderrey: Ás de mosca para Anxo. Xerais : 7 votos
.- Roald Dhal: Charlie e a fábrica de chocolate. Cumio : 5 votos
.- Eduardo Blanco Amor: A esmorga. Galaxia : 4 votos
.- Sempé e R. Goscinny: O Nicolasiño. Alfaguara : 4 votos
.- Fina Casalderrey: Prohibido casar, papá!. Galaxia : 4 votos
.- Paul Jennings: Vaiche boa!. Galaxia : 4 votos
.- Xabier P. Docampo: O misterio das badaladas. Vía Láctea : 4 votos
.- J. K. Rowling: Harry Potter e a cámara dos segredos. Galaxia : 4 votos
.- Xabier A. Barreiro Liz: A pantasma telefónica. Baía : 3 votos
.- Agustín Fernández Paz: Cartas de inverno. Xerais : 3 votos
.- María Vassart: E agora que?. Edebé : 2 votos
.- Gonzalo Moure: Palabras de Caramelo. Anaya : 2 votos
.- María Reimóndez: Usha. Xerais : 2 votos
.- J. K. Rowling: Harry Potter e o cáliz de fogo. Galaxia : 2 votos
Hai moitos libros mencionados cun só voto, por exemplo:
Blankets
Manolito gafotas
Atoparalo en Actividades, Aulas, ENL, Lectura, Libros
Atoparalo en Actualidade, Fotografía
Atoparalo en Saúde, Tecnoloxía
Atoparalo en Dereitos Humanos, Guerras, Igualdade, Medio Ambiente, Música, Paz, Sociedade
Atoparalo en Música
Atoparalo en Actualidade, Dereitos Humanos, Igualdade, Sociedade, Solidariedade
Reto 2.- Neste exercicio, na escritura da data, o día e o mes están escritos sempre con dúas cifras, podendo a primeira ser cero eventualmente. Sendo o 25/06/1987 unha data que chamaremos fascinante pois ela ten todas as súas cifras diferentes. Cal é a seguinte data “fascinante”?
Reto 3.- As letras da seguinte igualdade representan as cifras dun número que multiplicado por catro é igual a outro formado polas mesmas cifras en orde inversa á inicial. Cal é ese número?
ABCDE x 4 = EDCBA
Solucións ao reto anterior
Reto 1.- Ten hipo
Reto 2.- Eran Adán e Eva
Reto 3.- Na última
Atoparalo en Matemáticas
Curta de denucia: "Lo hago porque te quiero":
Atoparalo en Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
Atoparalo en Actualidade, Afganistán
Atoparalo en Fomento da lectura, Humor, Lectura
Atoparalo en Actualidade, Dereitos Humanos, Historia, Infancia, Reflexións, Sociedade
Atoparalo en Reflexións
Atoparalo en ENL, Galicia, Publicidade
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Norma, Recomendamos
Vía Todas
Atoparalo en Actualidade, Lectura, Libros, Tecnoloxía
Atoparalo en Lectura, Libros, Tecnoloxía
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Norma, Recomendamos
Sinónimo forzado de tempo de crise, de tregua ou paz na guerra. E xusto nestes días a Fraga Iribarne non se lle ocorre outra cousa que dicir aló na meseta ou planalto español que Franco, que el saiba, nunca foi un criminal, que quen foi un criminal era Che Guevara. A lei da memoria histórica non lle interesa, prefire que os asasinados polo franquismo sigan enterrados nas gavias, nos foxos, e que non se saiba nada, nin do trebón infame que abateu España.
En Galicia, saiba o señor Fraga Iribarne non houbo guerra civil, o fascismo golpista asolou a Nación galega dende os primeiros días da infamia. Non houbo a penas resistencia. E os mortos cóntanse por milleiros: paseos, levalos ás claudias coa complicidade da noite e da alba ou mencer tristeiro, e que ninguén esqueza que as ordes viñan de sumarísimos de opereta perversa oficiados por cregos impíos e militares sen honor. Aínda era ministro de información Fraga Iribarne, cando axustizaron covardemente a Julián Grimau.
Queremos logo, recuperar a memoria de Blanco Torres, asasinado nun cavorco escuro de Entrimo, Bóveda, e tantos outros. Salvouse Castelao a quen logo chorou e chalaneou cinicamente o propio Fraga Iribarne, cando era presidente da Xunta de Galicia en mans do PP español, que do biligüismo harmónico pasa ou quere pasar ao "cordial" exposto polo escuro Núñez Feijóo.
E por tal nace un meniño de papel nestes días de Nadal, decembro aínda non brizado, para proseguir amocando. Eis o bilingüismo que non é nin harmónico nin cordial, e o único que pretende é sustentar a perversidade da diglosia, disimulando ou autoodio, o autodesprezo cunha pluralidade delirante que a velliña do tute cabrón da vida lle chamaría dislate, disparate.
Pero imos polos vieiros do Nadal no sentido piadoso, e xa as lámpadas e luceciñas de festa e hipocrisía enchen as vilas e as cidades Estado español, e por non ser menos, tamén aquí, na inmorrente nación galega, con galegos e galegas entregados ao cinismo burgués, empoleirados tristeiramente no capitalismo predador. Agora a memoria estoura coma sombras fuxidías nas tempas dos inocentes. A xente xoga á lotaria, coa baraza anodada na alma, no corazón ou o que sexa o corazón.
A tregua da miseria está a chegar; xentes exultantes con papeliños de cores e o boneco de Coca-Cola nas salas de non estar. Trescentos e pico de euros para morrer, e un billete da sorte do paxariño. Un braseiriño para espaventar a friaxe que levan dentro os máis desherdados por mor da cobiza do capital que os grandes administradores do imperio queren resucitar. Morfoloxía da irrealidade, "Canto conto no Nadal"... Poña un pobre na súa mesa de rico-pobre, ata chegar a derrega do delirio e ordenar o medo con ansiolíticos.
Hai que manter o bilingüismo para matar o infinitivo conxugado dos inocentes; dicirlles que Xesús de Nazaret (escríbese así?) ten e tiña o don da ubicuidade e a reencarnación despois do epipaleolítico. Nace en todos os berces, ou rolos a un mesmo tempo e a distinta hora... O milagre-transposición vai medrando nas contornas do mundo. Velo aí de madeira e pedra entre os restos Neandertais dos castros-castelos de Triacastela, como quere Avelino Abuín de Tembra, nobremente escribo e digo. Eis a María nun contrasentido de calquera sinérese sempre apócrifa, como unha contradición nos termos: concibida e ao mesmo tempo inmaculada, concepción por obra de graza dunha Trindade aínda non platónica.
Pero a caravana de bébedos melancólicos prosegue o seu camiño... Para que repetir outra volta as palabras do poeta que quixo ser Antonio Machado? "Mala gente que camina y va apestando la tierra".
Aquí neste mediodía do mar, pola banda do oeste, a xente azarada de angurias, agarda a noite para ver regresar cara á noite do Paseo de Afonso, cabo da oliveira que medra e desmedra na cidade, o envés do tempo que escribo para este Nadal que nos fan vivir.
Atoparalo en Reflexións
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.