Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/09/09

El secreto del Bosque Viejo

Non é unha novela, é un conto; un conto fantástico onde os homes falan co vento, cos trasnos do bosque, cos animais. Unha fábula marabillosa ou unha poesía impresionante. Así é o libro de Dino Buzzati, El secreto del Bosque Viejo. Un libro que tod@s os adultos deberiamos ler para recupar a maxia que seguramente perdemos co paso dos anos. Algo ao que se nos invita desde as páxinas máxicas do libro.
A maldade máis cruel será moldeada e recortada polas fantásticas figuras que poboan un Bosque, onde nada é o que semella, e onde as criaturas non humanas demostrarás que a humanidade é máis importante que calquera outra cousa; pero para isto debemos deixar atrás a avaricia e a envexa, mesmo debemos deixar que a infancia, con toda a súa bondade, viva en nós para sempre. Só así poderemos entender o que esas criaturas nos queren comunicar.
Un fermoso conto que non esquece o misterio e a maxia das fábulas tradicionais. Aínda que si esquece a posible fórmula de rematalos: ese final feliz que neste relato sería incomprensible. Lédeo, soñade, volvede ser pequerrechos e disfrutade da maxia da escrita ben feita.


1 comentario:

adelaida dixo...

Pois apunto o título porque me encantou esta descripción. Pronto formará parte da nosa biblio. Grazas polos bós consellos. Saúdos dende Bibliobelesar

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.