Se vivísemos nun país normalizado non estaría cavilando en agradecer á editorial Galaxia que nos ofreza ler a Paul Auster en galego. Pero vivimos moi lonxe de tal normalización. Así que, grazas.
Sendo incondicional deste escritor, e recoñecendo que os seus últimos libros non foron tan bos coma aqueloutros que nos crearon adicción, a min este, Sunset Park, gustoume. Gustoume por esa calma tormentosa que transmite. Por esa contemporaneidade que vivimos. Por ese debate existencial que ás veces semella cercano e outras afastado de nós. Pola actualidade. Porque os e as personaxes son de carne e óso. Polo medo económico, sentimental, escénico. Polo amor á lectura e aos libros. Por ese editor en crise e ese escritor sen ideas (autobiografía, quizais?)
Non é a súa mellor novela. Pero lédea. A súa lectura é doce, agre, saborosa, sosa (o béisbol, que lonxe nos queda!), lenta, rápida, triste... pero non é indiferente. Hai elementos que non gustan e hai personaxes incompletos. Pero hai un gusto de boa literatura que este autor sabe ofrecer. E como tal, creo recomendable. Porque, ao fin e ao cabo, o foco de unión de toda novela, de todos os personaxes -con voz propia- é a busca da felicidade. E hai alguén por aí que non a busque?
Por certo, aqueles que amen o filme "Os mellores anos da nosa vida" deberán ler a novela. Toda unha homenaxe a esta película.

3 comentarios:
Eres unha máquina!! xa me dirás de onde saliu o teu exemplar.
De P.Aster xa sempre se dirá: "non é o seu mellor libro", eu sempre o penso cando remato un del, pero gustar gustáronme todos os que lle lin.Non hai outro coma el!....Galaxia aposta por cabalo gañador.
A miña filla, que sabe da miña devoción polo americano, regaloume polo meu santo a novela, pero aínda non tiven tempo de meterlle o dente. Cando o faga, comentareivos os resultados.
Xabimusic
"Non é a súa mellor novela"? Cantas novela boas ten Auster? Eu só lle coñezo unha. Por posibilidades e xa que debín (intentar) ler a metade da súa produción, pode ter outra. Fóra diso, paréceme un tipo agradábel que daría moi ben anunciando nescafé en cápsulas.
Publicar un comentario