Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/01/11

Qué blanca más bonita soy

Non é un álbum ilustrado, posto que non contén ningunha ilustración; pero si é a demostración de que a fronteira entre libro infantil e adulto é puco nidia, por non dicir que ás veces é inexistente.
Qué blanca más bonita soy, de Dolf Verroen, publicado por Lóguez, foi Premio Alemán de Literatura Infantil no ano 2006, ademais doutros moitos premios. Premio de Literatura infantil!!! Xulgade vós.
O texto non dá reviravoltas: doe pola historia, que é desgrazadamente, a que é e a que foi. Unha nena conta que polo seu aniversario (12 aniños) regálanlle un escravo. A partir de aí, podedes maxinar... A nena conta a súa vida coma se fose un pequeno diario en forma de verso non rimado: frases sinxelas pero cruas, que chegan a estremecer. A escravitude dende os ollos desta nena que non coñece nin cuestiona outros xeitos de vida.

El niño de mi esclava estaba también
siempre berreando...
Insoportable.
Yo le había dicho algo tres veces,

entonces mi paciencia terminó.
Lo cogí
y lo mantuve un tiempo bajo el agua.
Después, el silencio fue definitivo.
Os lo puedo asegurar.



Totalmente imprescindible.

1 comentario:

María Jesús dixo...

Interesantísimo. A súa maior eficacia reside no punto de vista narrativo, esa voz absolutamente amoral que nunca se cuestiona o estado de cousas no que vive. Recomendable para lectores de todas as idades.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.