O Premio de Novela Europea 2009 reacaeu en Caos Calmo de Sandro Veronesi, libro levado ao cine no ano 2008 co mesmo título.
O libro gustoume, sen ser dende logo "o libro da miña vida". Profundamente melancólico, un pouco reiterativo, unha busca da calma no medio do caos que supón na vida a perda da persoa amada. Por iso o propio protagonista serán quen lle dea nome ao título, porque na súa procura imparable da calma darase conta de que esta só é posible dentro do caos que é a vida, non a súa só, senón a de cantos lle rodean. E como os seres humanos necesitamos comprensión, será testemuña involuntaria de moitos testemuños de loucura, tristura e afán por se superar que suporán para el unha serie ininterrumpida de pensamentos sobre a propia existencia. Unha loucura de vida "calma" que só a inocencia da infancia pode rachar. A novela convértese nun labirinto de paixóns, de bágoas, de sexo, de amor, de envexa, de poder... un mosaico de vidas que só nós, ao final poderemos descifrar: é unha loucura o afán do protagonista? Ou é o heroe ao que tod@s nos queremos parecer?
Ao que si podemos dar resposta é ao que inmediatamente nos provoca a lectura deste libro: dor, melancolía, tristura... ás veces un pequeno sorriso e mesmo paixón.
Publica Galaxia.

2 comentarios:
¿Coñeces a teoría do caos? Todo mestre debería coñecela pois a súa aula seguro que é un sistema caótico; é dicir, impredicible.
Non sei se ten moito que ver coa novela que reseñas pero ocurrríuseme. ¡Paridas miñas! ¡Como dis que non falo.....!
Respeto a túa mirada sobre esta novela, máis non comparto plenamente. Eu creo que o protagonista busca a calma precisamente rompendo o establecido, mentras que o caos é "tódolos personaxes que circulan diante del que si están ben tolos".
Publicar un comentario