Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/02/11

Crimen

Cando comprei Crimen pasoume coma con tantos outros: o libro chamoume. É un pracer perderse na libraría e deixar que os libros sexan os que me busquen. E adoitan acertar. Son eles os que me piden ser lidos, son eles os que gobernan. E cando o fan, que marabilla! Crimen reclamoume, con todo ese rancor maldito e esa análise estupefacta da natureza humana. Sigo a preguntarme como pode existir ese tipo de xente. Como somos quen de lle facer dano aos máis indefensos, nenos e nenas que deberían ser, só, quen de sorrir.
Nada lera deste autor, Irvine Welsh, autor de Trainspotting. En Crimen combina novela negra, sátira, psicoloxía, pederastia. Porén, eu non creo que sexa un libro enmarcado dentro da etiqueta "novela negra", por máis que o protagonista sexa un policía, por máis que o relato estremecedor dos feitos sexa quen de nos ter atados ás súas palabras, por máis que se tente resolver algo. Por máis que sexa compulsivo. É un libro que vai máis alá, e que vos recomendo. Porque compensa coñecer a Ray Lennox e as súas obsesións, o seu escuro pasado, o seu fatídico presente, a súa afouteza e a súa sensibilidade. Lelo é viaxar ao inferno do ser humano, e mergullados nel, preguntarnos qué de humanos temos os seres humanos.

Xabi, o meu colega lector, afirma que lle gustou, que o enganchou dende o comezo. Que o libro non é truculento a pesares de que o tema se prestaba para caer en excesos de todo tipo.

Publicado por Anagrama.

Incapaz de dormir, supo que era tarde cuando oyó ruido de pisadas en los escalones de piedra y abrirse la puerta de la calle.
El reloj digital de la mesita proclamaba con cifras luminosas y delatoras que eran las 2.47. Rezó por que se tratase de las pisadas de una sola persona –las de él eran siempre muy suaves, pues siempre calzaba zapatillas de deporte–, pero enseguida oyó voces y risas ahogadas. Gracias a las pastillas que tomaba, su mamá dormiría profundamente, sin que la perturbase la tormenta. Pero ella tendría que disponerse a afrontarla. Se bajó el camisón, estrujando el dobladillo y la ropa de cama.



3 comentarios:

Xabi dixo...

Pois é verdade. Lese coma unha novela policíaca, sen selo; coma unha novela de intriga, sen selo; coma unha novela de suspense, sen pretendelo. Por iso me enganchou: porque é todo iso e moito máis. Un auténtico estudo sobre a condición humana.

Ernesto dixo...

Non deixas claro se che gustou?

Ronsel dixo...

Se non me gustase non falaría del. Gustoume e recoméndocho

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.