Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/08/12

El cielo es azul, la tierra blanca

Que fermoso libro! Que sensación de tranquilidade e afecto destilan as súas páxinas! Estas constitúen unha viaxe serena que nos transporta nunha nube de algodón, suave e branda, coma o estilo da narración. Falo do libro de Hiromi Kawakami El cielo es azul, la tierra blanca. Una historia de amor publicado por Acantilado. Ollo, non busquedes acción nin sorpresas. A novela non busca ningunha lea nin ningún crescendo na lectura. É previsible, e aí radica a súa beleza. A súa prosa é elegante e tenra, e con iso chegaranos. Porque non poderedes evitar derramar unha bágoa cando cerredes o libro, pola historia e porque xa rematou a súa lectura. O amor como eixo, e ao seu arredor, silencio, sake e cociña tradicional. E todo isto convertido en poesía oriental que conmove.

“Las tinieblas nos envolvían por completo y nosotros seguíamos hablando sin decir nada. Las palomas y los cuervos ya se habían refugiado en sus nidos. El maestro me rodeaba con su cálido brazo, y yo no sabía si reír o llorar. Al final, no hice ni una cosa ni otra. Me tranquilicé y me acurruqué en sus brazos, en silencio. Oía los latidos de su corazón a través de la chaqueta. Nos quedamos sentados en la oscuridad.”

Grazas, Vir.
       

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.