Ás veces, encontramos posts nalgúns blogues que ao parecernos moi interesantes, desexamos que vós tamén teñades acceso a eles e por iso volos traemos aquí, a esta fiestra pequerrecha á que sabemos que algúns vos asomades. Outras gardámolos como tesouros aos que nos gusta ir de cando en vez, e que, por suposto, acabamos compartindo convosco. Este é o caso deste "Presenzas" que limos hai xa tempo. Xa sabedes que nos encanta o cine e que procuramos que estea presente neste espazo. De aí que agora retomemos as súas miradas.
Que significa ter presenza? Hai actores e actrices que a teñen, porque a percibimos. A min pásame por exemplo con Susan Sarandon, creo que sempre enche a pantalla, sexa a película que sexa. Ou a miña actriz preferida, Bette Davis (que ollos!); tamén John Wayne, que é a miña debilidade infantil. E tantos outros... O autor do post orixinal seleccionou estas, eu engadín un par máis, aínda que tememos que este post se alongue demasiado, pois poderiamos seguir. De todos os xeitos, agradeceriamos as vosas aportacións:
.- Al Pacino e Diane Keaton en El Padrino II (Francis Ford Coppola, 1974)
.- Susan Sarandon en El Valle de Elah (Paul Haggis, 2007)
.- Anthony Hopkins en El silencio de los corderos (Jonathan Demme, 1991)
.- Harvey Keytel en Smoke (Paul Auster e Wayne Wang, 1995)
.- Robert Redford na que para min é a escena máis sensual da historia do cine: El hombre que susurraba a los caballos (Robert Redford, 1998)
.- Gary Cooper en Sólo ante el peligro (Fred Zinnemann,1952)
Vía Libro de Notas
2 comentarios:
Y... Único Testigo de Peter Weir y la maravillosa escena, para mi, con Harrison Ford y Kelly McGillis bailando en el granero la canción What a wonderful world. Me encanta.
http://leonafricano.blogspot.com/2007/03/volviendo-con-sam-cooke.html
Y James Stwart en ¡Que bello es vivir! Es maravillosa
Publicar un comentario