Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/07/08

Orfeo

"L'Orfeo, favola in musica" foi composta por Claudio Monteverdi sobre un poema de Alessandro Striggio para os carnavais de Mantua, e estreada alí en 1607. Nacía un novo xénero musical e dramático, a Ópera: canto, música, dramaturxia, danza e escenografía.
O libreto está baseado no mito de Orfeo. Tras a voda de Orfeo con Euridice, esta morre a causa dunha picadura dunha serpre. Orfeo baixará ao inframundo e logra que os deuses permitan que ela regrese con el, baixo a condición de que el non a debe mirar; pero el faino e ela morre de novo. Ao final, Apolo apiadarase de Orfeo e permitirá que se reunan os amantes.



Vía Bajo el Signo de Libra

1 comentario:

Javier dixo...

Creo que sois mis más fieles seguidores, gracias, me hacéis sentir tremendamente halagado.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.