Lembrades que o outro día comentaba que a maior parte dos libros que lemos son tristes? Aquí temos outro exemplo.
Alice Kuipers é a autora de La vida en la puerta de la nevera publicada pola editorial Salamandra (que raro!) no ano 2007. Un libro de 234 páxinas que se le deseguida xa que cada páxina representa unha nota que nai e filla se deixan na súa vida diaria na porta da neveira. Así, leremos a lista da compra, os encargos, os esquecementos, os reproches... ata que comecen tamén os desasosegos da enfermidade e da súa evolución. Chama a atención a incomunicación oral que deixa paso a esta mensaxería rápida entre dúas persoas que conviven na mesma casa pero que apenas se ven. Nin sequera cando a enfermidade se fai presente como unha inquilina máis da casa, sen notas pero cunha presenza continua. A adolescencia cos seus problemas particulares será tamén unha chamada de atención no libro. Como actuar ante ela?
Un libro sobre a fraxilidade da existencia e sobre as relacións familiares que conmove usando unha estrutura novidosa que encaixa perfectamente. Non é un libro inesquecible nin un libro que digas "tes que lelo", pero deixa un pouso de reflexión moi interesante.
Un libro moi apropiado para un club de lectura porque pode dar moito de si e lese facilmente.

2 comentarios:
Este libro se lo regalaron a una de mis hijas cuando en casa estabamos pasando por una situacion similar...Creo que no hemos llorado tanto en la vida... Completamente de acuerdo con lo del club de lectura...Y tambien para adolescentes: Facil de leer y engancha!
Si é que ti e eu non poderiamos estar xuntas...
Publicar un comentario