Thule agasállanos cun deses libros de formato especial que semella só eles saiban editar: El barranco está escrito por Grassa Toro e ilustrado por Diego Fermín. Pero se chama a atención por fóra agardade a abrilo: tanto a historia como as ilustracións atraparanvos de tal xeito que será difícil que o esquezades. É un deses álbums que son unha demostración vívida de que este tipo de libros non é infantil, todo ao contrario, xa que os nenos protagonistas terán que madurar en pouco tempo para sobrevivir.
Imposible non emocionarse coa súa lectura sen deixar de admirar a súa forma suxerente...
Imposible non emocionarse coa súa lectura sen deixar de admirar a súa forma suxerente...
8 comentarios:
Este libro gustoume, quedei impresionada que os catro raparigos marcharan en busca do seu amigo sen inmportarlles non teren que comer, beber e sobre todo sen terlle medo á morte. Este libro é moi triste.
Este é un libro moi triste no cal se ten moi en conta a amizade e o compañerismo
este conto non me gustou,k é super triste
gústame moito a aventura deste libro
este libro é triste, conta unha historía sobre unha panda de nenos que nunca se separan e para buscar a un amigo que tiveran un accidente nun barranco teñen que facer moitos esforzos incluso a morte
un libro moi triste, é moi largo
este libro non me gustou nada, é moi triste e é moi difícil de entender
Ben, parece claro que triste si que o é, pero tamén emocionante. E aínda por riba ten ese deseño tan ben traído...
Publicar un comentario