Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/04/08

Retos matemáticos... e non tanto (IV)

Á vista do éxito que está a ter esta modesta sección e visto que varios de vós estades empeñados en demostrar o voso talento neste tipo de adiviñas, velaí van tres máis.
A pensar toca!

Reto1.- Un caracol inicia o seu ascenso pola parede dun pozo de 3 metros de profundidade. O seu obxectivo é saír á superficie. Durante o día o caracol ascende dous metros pero pola noite, mentres descansa, esvara un.
Cantos días tardará en saír do pozo? (doado)
Reto2.- Entre as regras dun torneo de tenis, estipulábase que cada xogador que perdese un partido quedaría eliminado e que cada partido debería xogarse cunha pelota nova. Participaron no torneo 111 xogadores.
Cantas pelotas novas se usaron?

Reto3.- Os Pérez e os García son familias numerosas, amigas entre si e cun entusiasmo emotivo semellante. Unha tarde atópanse pola rúa e de seguido se produce o habitual intercambio de efusividade. Os homes das respectivas familias danse unha aperta; as mulleres e os homes coas mulleres, danse un bico. Ao final, intercambiáronse 35 apertas e 42 bicos.
¿Cantos homes e cantas mulleres hai en cada familia?

Solucións ao reto anterior:
Reto 1: 8 señoras
Reto 2: 1 camisa de cada cor
Reto 3: 2, 2 e 9 anos

10 comentarios:

Anónimo dixo...

¿No do tenis hai eliminatorias ou xogan todos contra todos? como son impares, non entendo moi ben

Anónimo dixo...

Para dar as solucións necesítanse estes números: 0,1,2,4,5,7
Non é certo, oh! gran gurú numérico?

Anónimo dixo...

Para o anónimo: Non hai eliminatorias nin moito menos. Hai que ler entre liñas...

E a ti, amigo bolbor, que che vou dicir! Por unha vez parece, repito: parece!!, que non te equivocas jejeje

Anónimo dixo...

Resposta 1: O caracol necesita un día enteiro (dia e noite) e un día máis para sair do pozo.

os outros non me salen

Anónimo dixo...

os homes da mesma familia danse apertas entre si??? e as mulleres da mesma familia danse bicos?

Anónimo dixo...

Non, só os dunha familia coa outra .
Os da mesma familia xa se ven dabondo e están...

Anónimo dixo...

Este bolbor sempre está alerta... voute contratar!!! jejeje

Estimado Xerardo: efectivamente, os homes e as mulleres da mesma familia non se tocan (polo menos ao atoparse cos da outra familia) ;) Unha aperta

Anónimo dixo...

Xa está o post a piques de virar a folla e non hai moitas ganas de responder así que vou dar as que creo son as solucións:
1º.- 2 días.
2º.- 110 pelotas, perden todos menos 1 (o que gaña, claro)
3º.- É o máis complexo: os homes saen fácil pois o seu produto ten que dar 35 (apertas entre eles) e a única posibilidade con sentido é que sexan 7 e 5.
As mulleres xa non é tan doado (non sei de que me soa isto...) porque hai 2 casos:
a) mulleres bican mulleres: x·y
b) mulleres bican homes: 7·x + 5·y
Agora só queda facer que a suma sexa 42 e saen x=2 e y=4.
Sería entón:
-familia 1: 7 homes e 2 mulleres
-familia 2: 5 homes e 4 mulleres

A ver que nos conta o grande meigo!

Como me parece que hoxe por fin acertei, vai adicado a un inquedo trasno de pelo crecho que nos regalou 1 ano de vitalidade. Que cumpras moitos máis... aínda que sei se o aguantaremos...

Anónimo dixo...

Querido bolbor... de verdade que non é por incordiar. De verdade que penso que é vostede un fenómeno... pero a resposta ao último é errónea. Verás:
segundo a resposta que das, daríanse 46 bicos.
7·4 + 5·2 + 2·4 = 46

Para chegar á resposta correcta, basta con intercambiar o resultado:
familia 1-> 7 homes e 4 mulleres
familia 2-> 5 homes e 2 mulleres

Bo intento!

Ah! e pronto teredes máis problemas para resolver.
Estamos trabajando en ello....

Anónimo dixo...

Oooooiiii!!!!
Vale, collín mal os pares de datos (folio chafullado...) mira que es borde!!! tivéchesme que estragar a dedicatoria...
Non participo máis (ata que poñas outro).

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.