Como todo álbum ilustrado que se precie, as imaxes xogan un papel fundamental neste relato que axuda a comprender que na nosa sociedade todo e todos valen, se se vive no respecto e a educación. Unha historia emotiva chea de sensibilidade que chega a todo tipo de público, por moito que o meu alumnado me lembre que son "libros de nenos pequenos". Un libro para valorar que o que nos une son precisamente as diferenzas que existen, non son elas as que nos arredan. Un libro para ver, tocar, sentir e ler. O seu autor é Xosé Antonio Neira Cruz e o ilustrador Rodrigo Chao Blanco. Un fermoso agasallo.


Sen comentarios
Publicar un comentario