Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/12/08

Ler fainos maiores


Con motivo da campaña Llegir ens fa més grans da Generalitat de Catalunya, difundiuse unha guía práctica para que os pais transmitan aos seus fillos os valores da lectura. Este libreto, de Joan Carles Girbés, inclúe un decálogo destinado a pais, nais, educadores e educadoras que se titula "DEZ consellos infalibles para que os nenos e as nenas ODIEN os libros":

1.- Cando empecer a ler en voz alta, interrómpeos constantemente para marcar os seus erros... a ti tamén se che sacarían as ganas de seguir lendo.

2.- Obrígaos a ler... Nada máis eficiente que un simple monosílabo, le! para conseguir o efecto contrario.

3.- Menospreza os seus gustos e non respectes o seu criterio... Que é mellor, que lean o que lles gusta ou que non lean?

4.- Imponlles lecturas... Esa novela que tanto che gustou á súa idade non ten por que ser do seu agrado.

5.- Pídelles que che fagan un resumo... Non deixes que asocien os libros cos deberes.

6.- Controla todo o que len... Interesarse non significa examinalos e interrogalos.

7.- Lémbralles os beneficios de ler... Dille: os nenos que len sacan mellores notas, coma o teu amigo. Así o rapaz ou a rapaza perderá as ganas de ler e collerá manía ao amigo.

8.- Relaciona os libros só cos deberes... Un libro non debe ser só un instrumento para aprender cousas.

9.- Castígaos sen tele por non ler... En ver de converter a tele no noso aliado, preguntándolle, por exemplo, cantos filmes infantís baséanse en libros?

10.- Esíxelles lecturas non axeitadas. Non por se bo e correcto, un libro debe ser axeitado á súa idade ou ao seu estado madurativo.


Vía Casa das Letras

1 comentario:

Anónimo dixo...

Paréceme moi ben o de animar aos rapaces pequenos a que lean, xa que así se afán a eso e o ven como algo bo e moi instructivo, non algo aburrido que se ten que facer por obrigación! aínda que tampouco se lle pode obrigar a ler a forza, xa que iso é peor que se non len.
Laura.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.