"Se a mutilación feminina fose un problema masculino, todo se tería resolto" Waris Dire.
A ablación de clítoris, mutilación xenital feminina ou circuncisión feminina é a ablación ou eliminación de tecido de calquera parte dos xenitais femininos por razóns culturais, relixiosas ou calquera outras non médicas. É un ritual de iniciación en orixe realizado ás nenas dalgúns países de África, Oriente Medio e outros.
Estímase que entre 100 e 140 millóns de mulleres e nenas en todo o mundo teñen sufrido a mutilación xenital feminina e 3 millóns de nenas corren o risco de ser vítimas dela cada ano. A práctica está máis extendida en África. Nalgunhas zonas, esta práctica achégase ao 100%.
Estímase que entre 100 e 140 millóns de mulleres e nenas en todo o mundo teñen sufrido a mutilación xenital feminina e 3 millóns de nenas corren o risco de ser vítimas dela cada ano. A práctica está máis extendida en África. Nalgunhas zonas, esta práctica achégase ao 100%.
Este é un feito que afecta non só a África. Como exemplo, o Consello Holandés de Saúde Pública calcula que o ritual lévase a caba cada ano en 50 nenas no seu país, a maioría de orixe somalí, exipcio e sudanés.
Asina o Manifesto da Waris Dirie Foundation
Vía Todas
1 comentario:
Este é un tema que non me gusta nadiña...
Aínda o outro día tivemos que facer en filosofía un traballo no que nos tiñamos que poñer a favor e en contra deste tema. Eu er in capaz de poñerme a favor, porque non se pode admitir que lle fagan isto as mulleres, son uns animais, ademais das técnicas que utilizan, que nin sequera son boas, senón que o fan con cuchillas de afitar oxidadas... Normal que morran un montón de mulleres por culpa disto...
A min horrorízame isto, de verdade, pero creo que isto é unha cousa irremediable porque forma parte dunha cultura. Espero que co tempo desapareza es atrocidade.
Moitos biquiños...
Carla
Publicar un comentario