Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/02/09

Lalín Pork Art

Seguramente sabedes que estamos "no mes do cocido" e esas cousas todas. O que non sei se coñecedes é que ata Lalín chegou unha desas ideas enxeñosas do noso alcalde (é a primeira vez que esta frase non ten ápice de ironía) e temos unha exposición preciosa de porcos moi decoradiños. Recoñezo que me encantan... para que despois non me diga o amigo Toño que el non sabe disto pero si de vacas!
En total, 26 estatuas de fibra de vidro pintadas por artistas locais, aínda que -por suposto- ao alcalde parécenlle poucas e quere que sigan medrando (en número, non en tamaño), ademais de pasealas por España e parte do estranxeiro. Porque se había vacas, por que non vai haber porcos???




3 comentarios:

Anónimo dixo...

Espectaculares, moi orixinais! Eu xa as vira pero había demasiada xente polo medio. Boa idea a de amosalas aquí.

Antonio Martínez dixo...

Porca entrada artística. Lalín capital da Pork Art. Impresionante.

Anónimo dixo...

Eu teño un pin dun dos porquiños, déronmo onte nun cocido lalinense.

Antes de xantar estiven sentado con dous amigos na escalinata diante dos porquiños. Tiven esa sorte!

Estase ben en Lalín!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.