Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/03/09

Con Murakami

Arestora, veño de asistir á presentación do último libro de Karuki Murakami, publicado en galego antes ca en castelán, un éxito máis das nosas editoriais: Do que estou a falar cando falo de correr.
Precedido polas oportunas e un pouco pesadas presentacións, o autor falou longo e tendido da súa carreira, da súa vida, dos seus pesares, e deixounos moi claro que lle encantara o polbo e os calamares da nosa Galiza. Nun inglés moi entendible, fixo as delicias dos presentes tan amablemente que o tempo pasounos, literalmente, voando; tanto, que cando rematou todos os oíntes nos preguntamos como podía ser tan ameno que o reloxo parecía ter ficado no mesmo lugar. Marabillas da literatura e dos autores, que son quen de transportarnos por mundo máxicos.
Non quero deixar de facer referencia ao impecable traballo dos tradutores, formiguiñas descoñecidas sen quen non poderiamos ler aos grandes da literatura universal en galego.

Para a miña querida Rosa, con toda a retranca e cariño. Porque adora a este autor e agora admírao persoalmente.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Ai, Gracia... vaia cousas che ten o azar... cambiácheslle o nome de pía a Murakami e pasáchelo de Haruki a Karuki, a Karuki "derivado de Kara" se cadra...?? Así faría completa honra ao que me pareceu a súa "comparecencia pública" no Casino de Santiago... Tamén os mitos parecen estar en crise, así que dediquémonos, unha vez máis, á lectura!

Ronsel dixo...

Rosa, Rosa, azar? PEro se ti me coñeces!!!!

Anxinho dixo...

ai, Gracia, Gracia, por non recoñecer un erro... hehehe

Bicos para as dúas!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.