Foi emocionante a manifestación porque estaba ateigada, porque, por fin, Galicia movíase polo que é realmente de seu e que ás veces parece esquecer, ese patrimonio que constitúe o noso ADN e que corre risco de se perder: a nosa lingua. Non sei cantas miles de persoas estariamos alí, pero o éxito é indiscutíbel. Con choiva e con sol, xa que a primavera tamén fala galego, e ambos os dous quixeron manifestarse connosco.
Estas fotos son recollidas de A Nosa Terra. Aquí tes máis.
En palabras de Francisco Castro:
Letras. Galegas e xa que logo universais. Porque o meu é un país tan grande que non lle chega o mundo todo para entrar en el. Palabras de meu, de teu, de nós, de seu. Coas que dicir de amor ou de odio, para cantar en días de saraiba ou en desacougadas noites de tristura. As letras galegas, maltratadas polos seus propios herdeiros, os galegos, as galegas, tan ceguiños por mor da historia e dos prexuízos que lles foron metendo.
Letras galegas, nas que fala a miña prole, nas que conto e canto e quero e quero que me canten contos.
Feliz día.
Malia todo, estamos, somos, existimos, falamos.
En galego.
Déixovos diversos vídeos sobre a nosa lingua. Pagan a pena:

2 comentarios:
Estiven pendente da radio galega, non conectaron máis que na hora da saída e dicían que habí sobre 200 persoas??? Logo entrevistaron ó da Mesa e dixo que estaban atascadas as entradas a Santiago, xa vedes...
A pancarta boísima Andrea!
A verdade os videos pagan a pena.
Un bico.
Publicar un comentario