Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/06/09

84, Charing Cross Road

Este libriño, 84, Charing Cross Road de Helene Hanff é todo un tributo ao amor polos libros, pola lectura, polas librarías de vello. É unha exquisitez literaria, unha nova demostración da literatura pura en poucas páxinas.
Escrita de xeito epistolar, a novela comprende as cartas que a escritora realiza desde Estados Unidos a unha libraría londinense durante vinte anos, facendo pedidos de libros con grades doses de humor, e intimando cos empregados da libraría pouco a pouco, sobre todo co seu principal correspondente, Frank.
Un libro tenro e conmovedor que nos transmite como o amor polos libros antigos pode chegar a ser tan crucial na vida como o nacemento dunha amizade que se sustentará neste amor, sendo o eixo ao redor do que se moven os personaxes. Un libro que vos encantará.
E novamente, literatura comprimida: cunha hora teredes de sobra para lelo.
Isabel Coixet converteuno en obra de teatro. Premede aquí para ler as súas palabras. Se volo digo é porque paga a pena!




2 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Fermoso/hermoso libro/libro. Moi aconsellable/muy aconsejable.
Bcos/besos.

biblioteca dixo...

Sabía que te gustaría. Es un libro encantador. La obra de Coixet lo refleja bastante bien pero creo que ya no la representan. Lo que si puedes intentar conseguir es la película, con el mismo título, y que cuenta con dos super: Anne Brancoft y Anthony Hopkins.
Saludos. Marga

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.