Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/06/09

Mendel el de los libros

Este relato curto, Mendel el de los libros, de Stefan Zweig, a quen sempre é un pracer ler e unha garantía, é unha lectura brillante, unha alegoría sobre un mundo que exclúe a quen sexa diferente, unha parábola sobre como a ignorancia domina e manda, atacando a quen non comprende. E un retrato dos cambios da sociedade personalizados no espazo onde transcorre a historia.
Jacob Mendel é un personaxe sorprendente polo seu enciclopédico coñecemento dos libros, totalmente illado do mundo real. Tanto, que non sabe que o seu país está en guerra. E, paradoxicamente, resulta sospeitoso de traición. E iso acaba con el.
Estas son as últimas liñas: «Precisamente yo, que debía saber que los libros sólo se escriben para, por encima del propio aliento, unir a los seres humanos, y así defendernos frente al inexorable reverso de toda la existencia: la fugacidad y el olvido».
Un libro que vos gustará por amar tan só a esencia dos libros, da lectura. E porque debedes coñecer a este autor.



1 comentario:

Ra dixo...

Absolutamente de acuerdo. Es una gozada.

Un saludo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.