Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/08/09

A araña e mais eu


Recoñezo que a min isto de que ande unha araña polo medio... non me fai graza ningunha. Pero o libro, un álbum ilustrado fermosisímo, invita a ser aberto... a pesar de todo. Fran Alonso consegue en A araña e mais eu un achegamento delicado ao corpo humano, comparando cada unha das partes dese fermoso corpo infantil a unha froita diferente.
A última páxina "Despareceu tecendo unha corda de amizade" case me fai esquecer o noxo que lle teño a eses animaliños.
Un día alegre, de súpeto, una araña gorda e fea... brincou desde o ceo para aterrar no meu corpo.
A descarada, primeiro explorou unha deda do meu pé, avultada coma un kiwi. Logo, subiu aos meus nocellos, rugosos como a pel dunha mandarina.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.