Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/08/09

Diario

Diario de Hélène Berr remata con estas palabras: "¡Horror, horror, horror!". Porque o libro, o seu diario, fálanos precisamente do Horror do holocausto nazi. Cunha descrición que reflicte non só a sociedade parisina, controloda polos ocupantes, senón que describe como esta vive preferindo ignorar a realidade aberrante, o sufrimento dos seus concidadáns xudeus.
Desde abril de 1942 até febreiro de 1944, Hélène Berr redacta un diario que ten como obxecto, sobre todo, contar ao seu mozo o que lle está a ocorre a ela e aos seus conveciños, e máis ca nada, "la monstruosa imposibilidad de comprenderlo". O diario vaise tornando máis umbrío a medida que pasa o tempo, xa que nun principio -o primeiro ano de escritura- a súa vida vese dividida en dúas partes: unha fermosa e outra sórdida, para ir inclinándose só cara á segunda parte.
A escritura de Hélène é dunha cultura e un refinamento impresionante: constitúe un testemuño impresionante (“No basta con poder ver, hay que poder sentir, sentir la angustia de la madre a la que han arrebatado a sus hijos, la tortura de la mujer separada de su marido”) que non esqueceremos pois é en si mesmo un clamor ante un final que sabe certo. Convértese, ademais, nun xornal atroz das novas que lle van chegando cada día do que acontece nos campos de concentración. Temos unha muller núa ante a vida, cunha historia de amor que se mestura coa desolación, coa tortura, coa morte.
"Pero cada vez más me digo que sólo los muertos escapan a esta persecución agobiante; cuando ahora me entero de la muerte de un israelita, pienso, a mi pesar: Está fuera del alcance de los alemanes. ¿No es horrible? Ya casi no lloramos a los muertos" "Ninguna doctrina, ningún dogma podrán hacerme creer en la existencia del más allá: quizá lo conseguiría el espectáculo de esta vida"

Unha lectura imprescindible


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.