Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/08/09

Lobas

Este cómic, Lobas, de Rachel Deville, chamoume a atención, sobre todo, polos debuxos -en branco e negro- tan cheos de expresividade e tan elaborados: plasma a historia dun xeito espectacular cuns debuxos traballadísimos. A historia estrutúrase en catro partes que aluden á mitoloxía -etapas da vida- e conta a historia de dúas irmás xemelgas que viven no seu propio e illado universo, protexéndose das miradas alleas e curiosas, ata a súa traumática e necesaria separación. Unha interesante historia chea de emocións, amores e odios familiares que semella estar a medio camiño entre a autobiografía e a ficción.
Chama a atención o estado de soidade do seu propio mundo, un mundo no que non deixan entrar a ninguén, a pesar das súas continuas diferenzas e discusións, sabéndose diferentes pero ao mesmo tempo necesarias a unha coa outra, e onde deberán aprender a buscarse a si mesmas lonxe da súa xemelga.
Paga a pena botarlle un vistazo.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.