Desta volta outra das miñas nenas lectoras, Carla Gómez Ferradás, é quen me manda a súa opinión sobre unha das lecturas realizadas este verán: A praia dos afogados, de Domingo Villar.
Foi un libro que me encantou ler porque xa lera antes Ollos de auga, e así este libro chamoume moito máis a atención lelo.
Conta a historia dun mariñeiro morto nunha praia galega que envolve unha turbulenta historia do pasado, como é o afundimento dun barco e a desaparición dunha muller pola que ninguén nunca se preocupara porque era moi liberal, pero o inspector Leo Caldas, resolveu todo.
Pareceume moi chistoso as partes na que o inspector estaba no programa da radio, cando lle poñían a música para pensar que o despistaba, ou unha cousa curiosa que tamén facía no libro pasado, que é o de poñer policía 11 Leo 0............ moi simpático.
Espero que o autor saque un novo libro porque a historia (con Alba) non remata, e iso ségueme tendo intrigada.......... volverán ou non?
Bueno pois eso, que me encantou e que espero ler o próximo libro, a ver se hai outro.
1 comentario:
Tenme boa pinta, terei que falar con Carliña aver se mo deixa.
Publicar un comentario