Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/01/10

Libro das M'Alicias


Fermosa reedición dun libro diferente, vangardista, atrevido, estraño. O Libro das M'Alicias de Miquel Obiols, ilustrado por Miguel Calatayud, foi seleccionado no VI Simposio sobre Literatura Infantil e Xuvenil, organizado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez en xuño de 2000, como unha das cen obras da Literatura Infantil española máis representativas do século XX. Editado por primeira vez en 1990, é unha curiosa e divertida reescritura do personaxe de “Alicia no País das Marabillas”. Doce historias fantásticas nas que a protagonista vive nun mundo disparatado que se conforma no noso maxín coas incribles ilustracións que o libro nos ofrece, xogando con cores chamativas e ilustracións ateigadas.


Desde logo, un libro chamativo desde todos os puntos de vista que paga a pena non esquecer.


Se aínda non tedes todos os regalos mercados... lembra: merca libros en galego! Hai preciosidades coma esta agardándovos.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.