Non podía ser doutro xeito: Celda 211 foi a gañadora. Todo un peliculón e un actorazo que agasallou á nosa lingua cun protagonismo que moitos se empeñan no noso país en rexeitar. Compartir o premio con esta beira do Atlántico: ”sei que ides entendelo todos”. Que emoción nos percorreu!
Parabéns, Luís Tosar!
E se aínda non vistes a peli, correde a vela. É impresionante!
2 comentarios:
No IES Ollos Grandes, os ollos brillaron con especial emoción: aqui se iniciou como actor este grande Luís Tosar.
Bicos contentes
Desde logo, foi emocionantísimo velo e escoitalo. Se antes algún galego non o quería suficientemente, agora adorámolo.
Grazas pola túa visita, María. Biquiños
Publicar un comentario