Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/02/10

Substitutos de Cupido

Aprendemos con Carme Loriga moitas actividades hai un tempo; unha delas retomámola este curso con algúns "retoques". Grazas, Carmen, por dar tanto.

Se a semana pasada o centro encheuse de cartaces avisándonos de que Cupido se atopaba no paro, esta semana foi o alumnado e o profesorado do centro o que traballou -de gratis- deste deus do amor para que este perviva sempre. E así, o vestíbulo do noso IES encheuse de amor, de corazóns, de poesía, de libros, e de toda unha montaxe para nos lembrar que o Amor, en todas as súas manifestacións, é o motor da nosa existencia.
O lema: "Sabedes que Cupido está no paro, por tanto, sodes vós quen debe conquistar por medio da palabra escrita. Para iso, ímosvos axudar: aquí tedes 25 poemas de amor diferentes para que escollades aquel que máis vos guste e o agasalledes".
O mellor: deu resultado! Non só se colleron poemas, senón que se prestaron moitos libros.
Grazas ao alumnado de 4º Diver e á súa profe Cristina pola colaboración.





Esta é a selección poética que Mario nos facilitou. Moitísimas grazas:



No xornal, reseña

E, ademais, concurso de tradución de frases de amor organizado polo ENDL

8 comentarios:

Blogmaníacos dixo...

¡Un hermoso trabajo! Muy buena idea la del "Cupido en paro", me la anotaré para futuras campañas, tiene gancho.
Saludos.

Ronsel dixo...

Muchas gracias por tus palabras y por tu visita.
Saludos

Maria dixo...

Que bon traballo! Parabéns! Nunca poderemos agradecer ben toda a vitalidade que nos dades aquí, toda a información e o amor con que o adubades.
Un abrazo.

Ronsel dixo...

Grazas a ti polas túas palabras, que nos fan enrubecer.
Un bicazo

Paramio dixo...

Veo que también os llovieron palabras de amor y que much@s fueron los mojad@s. Me/nos alegramos mucho del éxito de esta iniciativa.

Ronsel dixo...

Paramio, que emoción! Estaste estreando no blogue! Hoxe xa non durmo...

Anxinho dixo...

pero que ghuapa sa a miña compi no xornal!! Que marabilla ser amigo dunha celebridade! ;)

Ronsel dixo...

mucho cachondeo..

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.