Realmente, non sei como calificar o noso encontro onte con Rosa Aneiros. Descubrila tan afectiva, tan próxima, tan locuaz, tan "riquiña"... non pararía de buscar calificativos positivos para describila. Porque tivemos a sorte de gozala durante un tempo que a nada soubo e que non esqueceremos.
Rosa chegou pola mañá. No salón de actos dirixiuse ao alumnado de 1º de Bacharelato que tiña lido Resistencia. Non moi falangueiros nun principio, Rosa sabía en cada momento que dicir, de que falar, como manter a atención para que todos e todas a seguisen durante o seu proceso de creación, durante o seu proceso de documentación, durante o seu proceso de escritura. Con constantes referencias ao cinema, desenvolveu unha sesión máxica chea de figuras literarias e feitizo poético.
Compartir comida e acordos, descubrirmos xente en común e gustos literarios afíns... para logo participar nunha sesión do club de lectura onde disfrutei coas caras apampadas das miñas nenas (incluído Mauro) escoitándoa, seducíndonos continuamente coas súas palabras, envolvéndonos coa súa solidariedade, a súa ledicia, o seu máxico sorriso que quedou por sempre debuxado nas paredes da biblioteca... Foi o primeiro encontro do noso club este curso co escritor do libro; recoñezo un certo temor meu a que as cousas non saísen ben e cúlpome agora por ese medo innecesario: tanto dunha parte coma da outra a sesión resultou tan fluída que o tempo, literalmente, botóusenos enriba. E Sol de Inverno permanecerá nas nosas memorias como unha primavera florecente da man da súa autora.
Grazas, Rosa, por todo. E, agora mesmo, por esa carta que acabo de recibir túa, que leo e releo sentindo a inmensiadade do soño oceánico.

2 comentarios:
Haber se eses raoaces do Carballiño fan algún comentari nesta entrada. Que sorte teñen de ter unha profe "enrrollada"
Que podo decir da visita de Rosa Aneiros? Supoño que o único que podo decir e SUBLIME¡¡¡
Foi un privilexio poder disfrutar da sua presenza no club de lectura, pois persoalmente pareceume unha oportunidade única poder coñecer nun ambiente tan cercano a unha escritora.
O que máis me gustou de Rosa e a súa forma de falar,a simpatía que desprendía e a súa sencillez¡¡
Por último, so podo decir que foi un auténtico placer, e como dixen antes, un PRIVILEXIO gozar dunha tarde tan espectacular no club de lectura¡¡
Publicar un comentario