Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/04/10

A casa da duna

O bo de ter estes días no centro a Feira do Álbum ilustrado é que atopo libros fermosos que se me pasaran no momento da súa publicación. Este que vos traio agora aquí é de Fran Alonso con fotografías de Manuel G. Vicente, e é do ano 2002. Chama a atención, verdade? Chama a atención porque non é un o típico álbum ilustrado, senón que aquí o xogo co texto faise coa fotografía: unha nena e elementos mariños son os protagonistas das páxinas. Dunha creatividade impresionante. Din que o libro nace "dunha intensa comuñón entre texto e fotografía ao longo dun proceso de elaboración en común entre o escritor e o fotógrafo. A casa da duna, desde a forza da imaxe e desde a intensidade da palabra e da historia que se narra, pretende reforzar o álbum ilustrado nese papel de pequena obra de arte que lle é outorgado no ámbito cultural europeo".
O que si podo asegurar é que trata unha historia fermosa, cun texto cargado de simbolismo e amor que paga a pena ler.

2 comentarios:

Fran Alonso dixo...

Moitas grazas pola recomendación.
Apertas.

Ronsel dixo...

Grazas a ti, pola visita e pola escritura.
Bicos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.