Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/05/10

El domador de sueños

El domador de sueños de Nicolai Troshinsky é un álbum ilustrado exquisito onde todo é posible porque os soños son posibles, dentro dunha amabilidade esperanzadora que loita por un mundo mellor. Un álbum adicado á xente maior, a ese avó que sempre ten unha historia para entrer aos seus netos, á arte de fabular e de reter na memoria eses relatos que viven de boca en boca durante séculos.
Por que os soños deben ser só iso: soños? Non, os soños forman parte de nós e connosco deben convivir, porque se permitimos que estes teñan as nosas fiestras abertas é máis probábel que se poidan converter en realidades.
As ilustracións empregan técnicas variadas, uniformando cores e dándolle matices aos soños.

"Había una vez un hombre al que se le daba tan bien soñar, que podía soñar con lo que quisiera. Ese hombre era mi abuelo".

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.