Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/05/10

La librería

Sempre quixen ter unha libraría. Será que o meu amor polos libros naceu moi cedo, será que na vila pequerrecha onde eu vivía -e vivo- non había moitas oportunidades, lémbrome desde cativa alí, ollando libros, lendo e, mesmo, recomendando. Para a dona debía ser unha especie de apósito que se lle instalaba alí, pero o certo é que se acostumou a pedirme axuda á hora de mercar e vender libros.
Por iso, cando a miña amiga Luz me fixo chegar o seu último envío de libros collín este de primeiro; un libro que ademais estaba dobremente sinalado na miña lista particular de compras futuras.
Un libro que trata dunha muller que quere pór unha libraría! Que pouco feminino! Penelope Fitzgerald escribe en La librería sobre as dificultades que unha señora debe atravesar para innovar nunha vila inglesa de mediados de século pasado, unha vila que pouco a pouco conseguirá derrubar os seus soños. Se amades os libros esta novela encantaravos, xa que estes son os protagonistas mudos da novela. Uns protagonistas que serán catalogados segundo a propia inexperiencia da propietaria libreira. E que deberá preguntar se Lolita é unha boa novela para vender alí!
Unha novela que se deixa ler esvarando entre as súas palabras, con dozura, con sabedoría, con bo ritmo e poucos sobresaltos, cun lene sorriso e un moito cariño. Dá mágoa rematar a súa lectura tan axiña, porque o sabor de boca que deixa é impagable. Unha lectura sobre o fomento da lectura que tantas dores de cabeza nos dá.
Editado por Impedimenta.

3 comentarios:

biblioteca dixo...

Lo tuve en las manos hace unos días. Ahora ya sé que lo tengo que incluir en la próxima compra.
Gracias por la recomendación.
Marga

Anónimo dixo...

Con ese título e a túa recomendación haberá que mirar de lelo.

Ronsel dixo...

Querida Marga: estou segura de que che vai gustar, segurísima.
E anónimo, non sei os teus gustos, pero se che gustan os libros, seguro que acertarás.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.