Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/06/10

Rosa y Trufo


Esta fermosísima historia de amor escrita por Katja Reider e ilustrada por Jutta Bücker podedes atopala na editorial Thule. Realmente son dous libros nun, Rosa y Trufo - Trufo y Rosa, porque segundo o lado polo que o abrades, poderedes ler a historia de Rosa ou a historia de Trufo. Dous polo prezo dun! E ambos falarán do amor. Amor a primeira vista. De amizade e engano. Do mundo das aparencias. Do que realmente importa. De... de miles lecturas diferentes que se agochan baixo unha simpleza enmascarada, inxenuidade e un sorriso perenne que permanecerás despois de pechar este pequeno álbum ilustrado.
Creo moi interesante a imaxe estereotipada que nos ofrece o libro: as diferenzas que a propia sociedade confire aos dous sexos. Ela débese á imaxe, el ao éxito. Pero Rosa e Trufo son máis intelixentes e non se deixarán dominar por unha sociedade que non lles fala do realmente importante: o Amor.
Un libro para ler, reler, e -máis que nada- darlle voltas.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.