Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/07/10

La Piedra Azul


Sempre que estamos ante un libro de Jimmy Liao temos que falar de poesía en estado puro: poucas palabras e fermosas imaxes. Non lle cómpre nada máis a este autor que namora desde o primeiro momento que abres calquera dos seus libros.
La Piedra Azul é unha historia de busca dun mesmo, unha historia de morriña e de amor. Unha historia que cativa polas súas ilustracións, verdadeiros cadros en cada unha das páxinas que agochan a verosimilitude de mundos incribles.

"Y, a medida que se volvía más y más pequeña, su añoranza era cada vez más grande".
"No le importaba la opinión de la gente, lo único que le importaba era su hogar en el bosque; añoraba su otra mitad".

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Bufff non hai diñeiro que alcance para tanto album , e son todos tan chulos que pode ser a ruínaanne

Ronsel dixo...

vale, vale... non fai falla que mo recordes!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.