Este xoves tivemos unha reunión en Lalín para falar da situación actual da nosa lingua nas aulas de Matemáticas, Tecnoloxía, Física e Química... seguida da presentación do libro coordinado por Luís Villares. Dá gusto escoitar a este home, con esa claridade de ideas e a súa vehemencia e convencemento. Aínda que a persoa que o acompañaba non se quedou atrás: Alba Nogueira agasallounos ademais con esta presentación para que teñamos moi claro quen e qué é ilegal: a insubmisión provén do propio goberno. Un decreto contrario á Lei de Normalización Lingüística, Estatuto de Autonomía, Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias e Constitución Española. Case náaaaa. Grazas a ambos.
Déixovolo nos dous formatos para que escollades o que máis vos gusta e o difundades:
Decreto Ilegal View more presentations from Coordinadora Galega ENDL.
De paso, lede o que lle di o ministro Caamaño á Xunta. E os profes ao Conselleiro.
E os profes co galego xa teñen blogue!
1 comentario:
Se hai que volver ás barricadas, pois veña que sexa canto antes!. Está ben clara a resposta que está tendo este governo por cada atropello que fai ó país.
Publicar un comentario