Comunicado de ProLingua:
A partir deste ano 2010, o 4 de novembro convertase para as galegas e os galegos nunha cita puntual coa ciencia en galego, que nos permitirá achergarnos, educativa e socialmente, a aquelas persoas que dedicaron a súa vida ao desenvolvemento e avance da sociedade desde a súa entrega e achegas á evolución do coñecemento científico.
ProLingua parabenízase desta inicitiva que este ano nos guiará polo perfil do astrónomo e matemático galego Ramón María Aller Ulloa (1878-1966), do físico escocés James Clerk Maxwell (1831-1879) e mais de Afonso X O Sabio (1221-1284), un dos maiores poetas galegos de todos os tempos e un dos científicos universais pola súa contribución ao progreso da ciencia europea.
ProLingua tamén quere colaborar coa Semana da Ciencia en Galego activamente e para iso convida a todos e todas as asinantes do seu manifesto fundacional a escribiren e nos enviaren un texto en formato de conto, poema, microrrelato, relato curto, aforismos, etc., sempre que no seu argumento, na súa estrutura ou na súa linguaxe apareza a ciencia. Os textos deberán ser enviados, antes do 31 de outubro, ao enderezo electrónico prolinguagalega@gmail.com. Unha vez concluído o prazo, as vosas achegas serán subidas á web como contributo colectivo a unha visión contemporánea e literaria da ciencia en galego en Galicia.
En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.
Sen comentarios
Publicar un comentario