Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/11/10

Día Universal da Infancia

Galiza co Galego mándanos esta mensaxe polo Facebook no día de hoxe:

Estimad@s amig@s
O día 20 de novembro do ano 1989 aprobouse nas Nacións Unidas a Convención dos Dereitos da Infancia. É por isto que se adoptou esta data como día universal da infancia. En consecuencia co noso compromiso social quermos informar e solicitar o voso apoio como cidadáns “bos e xenerosos”.
A Comisión de Galiza co Galego (CGG) segue avanzando co movemento sindical, de renovación pedagóxica, de normalización lingüística, e de cooperativismo galego para conseguir dar cumprimento na Galiza ó dereito á educación da infancia. O vindeiro mes de decembro debateremos sobre o proxecto educativo marco da Rede de Novas Galescolas e das escolas candidatas a formar parte da mesma.
A idade de acadar a lingua está na contorna dos primeiros anos. O inicio dunha rede impulsada pola iniciativa popular de educación infantil é un acontecemento histórico que determinará o futuro dos dereitos da infancia e do noso idioma.
Tod@s podedes participar e axudar, de diferentes maneiras:
1/ Difundindo a idea da Rede Popular de Ensino, para que a cidadanía apoie, coñeza que existe a determinación de facer ensino en galego e comprometa a súa defensa real efectiva no noso blogue: http://limiargalego.blogspot.com/
2/ Facéndovos soci@s (se non o sodes) da Comisión, participando nos debates por correo electrónico ou por medio do noso grupo “O bulideiro”, e contribuíndo coa vosa cota anual (10€) a facer actos públicos e xuntanzas de traballo. https://sites.google.com/site/limiartaboleiro/novas/Follafiliaci%C3%B3nCGG-2.pdf?attredirects=0&d=1
3/ Achegando ideas como soci@s ou membros do movemento. Neste intre o que precisamos é coñecer as escolas infantís (privadas) que existen na Galiza e que defenden e usen a noso idioma, podedes achegarnos o seu nome e localización ao noso correo: comisiongalizacogalego@gmail.com
Grazas.










Os dereitos dos nenos:



Impresionante recopilación de recursos da biblioteca Milladoiro de Malpica.

E unha web divertida sobre o tema.

Moi interesante este artigo: "Dejad que los niños se acerquen a mí".

Informe de Unicef.

Nas bibliotecas escolares: O crocaio de Sampaio, Raioteca, Víctor Sáenz e a súa recompilación de recursos.

Un día despois, veño de velo en Brétemas, calafriante testemuña de prexuízos raciais:

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.