Temos poucas fotos de tantos momentos emocionantes e de tantos mestres que tanto nos ensinaron nestes dous días.
Pero si temos o documento de conclusións:
1) A lectura é unha actividade imprescindible para crear cidadáns libres, críticos e formados, e o seu fomento constitúe unha necesidade para romper as fronteiras que restrinxen o libro e a lectura e que non permiten que o seu acceso sexa un ben de carácter universal.
2) O labor dos medidadores hoxe é máis necesario ca nunca e o seu papel debe ser valorado, reinvindicado, promocionado, escoitado e profesionalizado.
3) É imprescindible que a lectura forme parte da axenda pública (administracións, medios de comunicacións, programas políticos, etc) e adquira a notoriedade que lle corresponde nunha sociedade do século XXI.
4) Para falar de fomento da lectura é fundamental entender o papel social que encarna da lectura pública e, moi notoriamente, o papel das bibliotecas. A rede galega de bibliotecas públicas, e todo o sistema bibliotecario galego, debe ser impulsado e fortalecido.
5) Os novos tempos fan necesaria a creación dun novo tipo de lector, que é o lector social. Hai que entender a lectura desde unha óptica máis global, máis social, afrontando os retos do futuro, que sintetizarán a lectura impresa e a ciberlectura.
6) Cada vez máis, no ámbito do libro e da lectura, é necesario crear lectores, non consumidores de libros. Xa que logo, o proceso de selección neste tempo determinado polo mercado, é imprescindible. Non vale calquera libro.
7) As bibliotecas escolares son centros de recursos fundamentais para o fomento da lectura e o adestramento no acceso e selección da información. Parece necesario dotalas de recursos humanos con horario e dedicación específica para o profesorado implicado. Tampouco podemos esquecer que, como dicía Gabriel Zaid, o principal problema da lectura está nos universitarios que non len. Tamén parece necesario, pois, impulsar universidades lectoras.
8) No reto da lectura evidénciase como unha necesidade a recuperación, para a familia, da responsabilidade da educación a través a transmisión da lectura como un acto cotián, íntimo e entrañable, que ademais tamén constitúe unha inversión educativa.
9) O hábito da lectura fundaméntase a través de accións continuadas, dirixidas a favorecer o hábito lector e a achegar o libro e a lectura ás persoas. Nese sentido, dubidamos da eficacia das grandes campañas publicitarias queconsumen presupostos desmesurados.
10) A AGE expresa o seu compromiso co fomento da lectura e, moi especialmente, cos seus mediadores, apostando por afrontar os retos de futuro que o libro, a lectura e a cidadanía deste século demandanan a fin de crear un mundo máis libre, máis consciente e máis xusto.
12 comentarios:
Comparto plenamente o decálogo aprobado. E engadiria: estes dez principios resúmense en dóus:
1. O hábito lector é un dereito fundamental e democrático.
2. A escola é o mediador universal na adquisición deste hábito.
Agora ben, non sei se RONSEL estará de acordo commigo en que, reelaborando a G. Zaid, poderiamos dicir: "O problema está en que os profesores e profesoras NON LEN"
Saudiña. Xabimusic
mmmm Canto lamento ter que asentir pensando en que si, efectivamente, hai moito profesorado que non le... aída que tamén o hai outro que le moito, claro está. Mudar a sociedade é difícil.
Cóntoche: os dez últimos anos da miña vida profesional (que remataron hai xustamente hoxe 15 días)conciliei as miñas aulas de música no IES A Carballeira, de Ourense, coa coordinación de súa biblioteca. ( Non sei se hai moitos bibliotecarios músicos...)
¡Letra e música!, como eu dicía sempre. Fun feliz conxugando dúas das miñas paixóns.
Na biblioteca, pasei por distintas fases e etapas nas que experimentei diversas estratexias de animación e dinamización lectoras. Pero, ao cabo deste anos cheguei a unha conclusión: o problema radica no profesorado, non na biblioteca ( e moito menos no alumnado).
A animación á lectura ten que ser un obxectivo/ contido transversal, no que se implique todo o claustro.
O malo é que aínda estamos moi lonxe dese desideratum...
Saudiña. Xabimusic
Foram dias de excelente convívio e partilha de saberes,sabores e sentires em torno do Livro, da Leitura e dos seus defensores,divulgadores e Amantes!
Saudações Bibliotecárias-Ambulantes desde o outro lado da Raia Imaginária!
Nuno, que alegría me acabas de agasallar! Mooitas grazas pola túa visita e as túas palabras. Estamos de acordo: dous días marabillosos cheos de doces sabores librescos.
Prezado Xabi: grazas por darte a coñecer. A ver se algún día pode ser persoalmente... Eu son Gracia e vivo en Lalín, non moi lonxe de ti, xa ves.
Si, seino, todo o profesorado ten que se implicar... utopías, verdade?
Saúdos afectuosos
Aínda que apretadas de horario, foron intensas e enriquecedoras estas xornadas. Que sorpresa atopar un comentario do Nuno, esa persoa tan entrañable "cabaleiro andante de Portugal"
Siiiii. A verdade é que me deu unha gran alegría recibilo! E a ti, claro, que anónimo tan pouco anónimo es!!!
Carissimo Anónimo!
De Cavaleiro-Ambulante tenho pouco, sou apenas um simples Bibliotecário, apaixonado e realizado profissionalmente e pessoalmente com aquilo que faço diariamente.
Saudações Bibliotecárias-Ambulantes
Non Nuno, non es un simples bibliotecario. Deixáchesnos claro que es unha gran persoa, que é o que realmente podemos valorar: unha persoa que escoita á soidade. E admirámoste.
Un beixo enorme
Foi o simposio das mais profundas emocións, as vivencias de cada un é o que teñen. E Nuno sempre provoca isas sensacións, e gústame a definición "cabaleiro-andante/cavaleiro-ambulante". Os participantes do veciño Portugal deixáronos malia a choiva unha grande sensación de calidez
Grazas Ana pola túa visita e ese comentario delicado cheo de sensibilidade. Foron dous días plenos.
Publicar un comentario