Editado por Lóguez e escrito por Christophe Gallaz, a idea e a ilustración é do meu admirado Roberto Innocenti, un home que nos namorou dende o primeiro libro que coñecemos. E do que temos, editado por Kalandraka, As aventuras de Pinocho, A historia de Erika e La casa, ademais de El último refugio: todos e cada un deles son especiais e fantásticos.
Temos en Rosa Blanca o hiperrealismo de Roberto Innocenti, como non podía ser doutro xeito, ao servizo da emoción e da reivindicación da paz, como forma de vida imprescindible. O final non é común entre os álbums chamados infantís, aínda que era o único final posible nun libro realista e minucioso coma todos os que nos ofrece este ilustrador-autor: un final que axuda na mensaxe que transmite o libro e que dá pé a unha profunda reflexión sobre a imbecilidade de calquera guerra que o ser humano provoca e mantén. Porque tamén aos máis pequenos hai que lles falar claramente, e porque este é -coma moitos outros- un álbum non infantil que non ten idade: outra das súas grandezas.
Un libro deses que, irremediablemente, colles do andel para follear, e en cada volta toparás nas ilustracións un novo detalle que se che pasara anteriormente.
Un libro deses que, irremediablemente, colles do andel para follear, e en cada volta toparás nas ilustracións un novo detalle que se che pasara anteriormente.
8 comentarios:
Moitas grazas por esta fermosa recomendacion!
Este libro é moi bonito, pero moi triste. Pero gustoume moito poder lelo.
este libro pareceume moi triste, bueno sabendo que era sobre nazis xa me imaxinaba que ía ser triste.
a min non me gustou nada o libro, o único que salvo é quen o contou
Paréceme unha historia moi triste porque trata de nazis e tipos destes.
unha historia moi triste no que a rapaza era moi bondadosa cos encarcerados
este conto é moi triste porque teñen e xente encerrada sen comer ao final mátanos a todo e a Rosa que era quen os axudaba
Este é un libro moi triste e moi real que me gustou moito.Ten unhas ilustracións moi boas
Publicar un comentario