Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/02/11

Día de Rosalía

Hoxe é o Día de Rosalía, e no CEIP Alexandre Bóveda de Chapela recollen todos estes recursos (Musicais, bibliografía e páxina web) facendo unhas suxestións de actividades por ciclos porque sempre é interesante volver a Rosalía con novas olladas.





Vía

No IES Xoán Montes podedes atopar este Glogster.

Os CEIP Fernández Latorre (A Coruña), Wenceslao Fernández Flórez (Cambre), Praia de Quenxe (Corcubión) e Galán (Oseiro-Arteixo) deixaron na rede unha serie de recursos sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro:
Díptico.
Exporosalía.
Rosalía de Castro en 38 preguntas.

Para saber máis: Fundación Rosalía de Castro. Biblioteca Virtual Galega. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Poemas musicados en Son de poetas.

Vía

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.