Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/02/11

Un poema para curar a los peces


Esgotadísimo este álbum, téñoo grazas ao CEIP Présaras, quen amablemente mo deixou. (E grazas a Carlos, quen mo suxeriu).
Fermoso texto de Jean-Pierre Simeón e ilustracións de Olivier Tallec, Un poema para curar a los peces está editado por Kókinos. Unha busca da poesía que comprende que esta poderá procurala en todas as partes porque forma parte de nós. As ilustracións, ao igual que o texto, son pura fantasía e humor, unha invitación á reflexión poética da que todos e todas somos partícipes, posto que cada resposta á mesma pregunta vai tecendo un poema que construirá o texto completo.

Un poema
es como llevar el cielo en la boca.
Es como el pan recién hecho,
el gusto que queda en la boca
después de comerlo.
Un poema
es escuchar el latido
del corazón de las piedras.
Es cuando las palabras quieren volar.
Es un canto desde la prisión.
Un poema
pone las palabras del revés
y ¡ale hop! el mundo es nuevo.


5 comentarios:

Cris dixo...

Encántame a forma que ten o neno de expresar o que é un poema¡Que cuco!

carmen dixo...

É bonito o libro

rafa dixo...

Gustoume algo, era gracioso

ivan dixo...

estivo ben, o rapaz non sabía o que era un poema e quería sabelo

Noemí dixo...

Este libro está ben, porque cada un pensa de forma diferente o que é un poema.E para ti, que é un poema?

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.