Foi un honor que moito agradezo a Manuel Bragado formar parte do xurado do Premio Merlín. Unha experiencia máis ca interesante que non só me axudou a coñecer esta parte do mundo lector, escritor e editorial, senón tamén a formar parte dun equipo de persoas que teñen dende xa un lugar no meu corazón. Traballar cóbado con cóbado con Julia (a quen por fin puxen cara, pois o seu labor educativo érame de sobra coñecido), con Rodrigo Chao (a quen tivera o privilexio de escoitar nunha das actividades que programara no meu centro de ensino), con Helena (anfitrioa), con Antonio Reigosa e con Ángeles Roca (dúas persoas que resultaron tan próximas), con quen compartín moito máis ca opinións lectoras, vén a ser un deses quefaceres que sempre lembrarei con satisfacción e un sorriso debuxado na face.
Estar onte na Illa de San Simón, esa illa que tod@ galeg@ leva no seu corazón por canto significa, foi un privilexio. Un privilexio máis ca agradábel, debo engadir, porque pasar, pasámolo en grande e rimos a cachón. Imposible que fose doutro xeito tendo ao Leo i Arremecághona, reivindicativo e irreverente, fantástico. Pero non podo deixar de destacar as palabras certeiras de Xavier Queipo, unha intervención breve pero intensa que desenleou as nosas mans nun aplauso inacabable ao lembrar a situación lingüística actual, reclamando ao Conselleiro alí presente que o goberno non pode nin debe esquecer cal é a lingua de noso.
No blogue da editorial Xerais tedes ampla información sobre os gañadores e as súas obras, polo que vos remito alí, así como do discurso reivindicativo feminino da mantedora literaria, Mª Xosé Queizán e das palabras finais de Bragado. Parabéns á editorial pola organización e parabéns aos gañadores: Xavier Queipo, Héctor Carré, e Anxo Fariña.
Un dato... diferente: dos xurados, representantes femininas. Os premiados, os tres masculinos. Que non dea lugar a espellos sociais...

2 comentarios:
Reparara no feito de que fosedes un xurado con maioria feminino e que os premiados foran tres homes, atribuino a que fixéstedes ben o traballo prestando atención á obra máis que a quen a escribe.
Parabens pola crónica Gracia, tan xenerosa como ti es sempre.
Ao non saber quen está detrás nunca, é fácil prestar atención só a obra, claro está. Pero penseino cando estaban a dar os premios: resultou curioso que a intervención dos representantes fose feminina e os galardoados fosen homes, ao contrario có ano pasado.
Grazas a ti por vires ata aquí.
Publicar un comentario