Recoñezo que cando vin este artigo, algo comezou a bulir na miña testa. E non parou ata que encetei a mandar mensaxes e correos a quen puidese chegar.
Teño falado moitas veces da xenerosidade dos nosos escritores e escritoras, e debo insistir unha vez máis: non houbo ninguén que non quixese colaborar comigo na elaboración destes posts; grazas dende aquí a todos eles e elas. Que queden para a posteridade as "manías" artísticas ou da creación da nosa literatura: esa que nos fai soñar, tremer e viaxar na nosa lingua. É un honor para min recollelas e amosárvolas.
O labor de resumo, porén, non foi doado, porque deron máis detalles dos que aquí constan: se algún lector ou lectora se derrete por alguén en especial, que me escriba e poderei -ou non- ampliarlle a información.
Tampouco podo esquecer o altruísmo de compañeir@s que por iniciativa propia quixeron colaborar comigo no labor de recollida e solicitude a escritores e a escritoras: grazas Ramón, grazas Loli.
Para que o post non se faga demasiado longo, decidín asemade achegarnos a dez escritores de cada vez, comezando nesta primeira entrega polo noso prezado Agustín, sempre tan próximo e afectuoso.
Agustín Fernández Paz: Sempre escribe a man, en cadernos de follas amarelas da marca Uniextra e con rotuladores negros de 0,5 mm. Ademais, pon un título provisorio cando comeza unha novela, aínda que o título "de verdade" poñerao cando esta está rematada.
Antía Otero: Tenlle manía á desorde e á incomodidade: coloca todo antes de se pór á escrita e vístese con roupa ampla. Ao seu carón sempre hai un gran termo de infusión que irá bebendo paseniñamente. Toma notas continuamente que garda nunha mesma caixa antes de transcribilas ao ordenador.
Marcos Calveiro: Comeza as novelas polo derradeiro capítulo e escoita sempre ao inicio dunha nova novela o "Favorite thinngs" de John Coltrane. Busca a aprobación da súa parella, lectora e musa ideal.
Iolanda Zúñiga: Cómprenlle tapóns nos oídos por mor dos ruídos e escribe soamente polas mañás, co seu habitáculo en orde. Ademais, faino medio núa e rillando nas unllas. Élle imprescindible xogar cos cans e conducir a súa vella scooter.
Fran Alonso: Precisa illarse do mundo e moitas horas seguidas. Sempre escribe con música de tonalidade estable, pero con cada libro cambia de música, sempre a mesma ata que o remata.
Rosa Aneiros: A súa manía, curiosamente, é non permitirse telas: "vencerse como carne para gañarse como imaxinación".
Francisco Castro: Asegura que a súa mellor hora para este labor é as cinco da mañá e que sempre o fai descalzo. Corrixe tres veces a novela, e non permite que lla lea ninguén ata que esta saia do prelo. Dispón as súas producións alfabeticamente e precédeas dunha cita dos Beatles.
Inma López Silva: Leva en todo momento un caderno no bolso e anota neles constantemente: por iso utiliza sempre bolsos nos que caiba este obxecto. Ademais, escribe descalza.
Xabier Docampo: Require para traballar dun caderno pequeno ou mediano que contén toda a arquitectura interna da obra: escenarios, personaxes, reflexións... pero non a textualidade. Este caderno lévao sempre consigo, mesmo sente pánico a perdelo.
María Reimóndez: Utiliza cadernos raiados ou lisos, e estes teñen que lle "cadrar" coa historia; odia poñer nomes aos personaxes, por iso adoita utilizar aqueles que coñece. De poder, escribe a primeiras horas da mañá ou a últimas da tarde.

12 comentarios:
Grazas a vós que facedes un traballo impagable por facernos visibles mesmo nestes tempos de intento de escuridades!
Canto máis o intenten, máis loitaremos nós. Grazas a ti por axudarnos, sempre.
Xa me tardan os seguintes... Moitas grazas por amosarnos estas curiosidades, e tantas outras.
Xa estou vendo á Iolanda non seu scooter coma un "filispin". Xa vos contarei o significado da palabriña.
(Fernando)
Grazas a ti, María
Si, Fernando, xa contarás, que ti es un "paxariño" moi cantareiro...
Moi interesante esta entrada, o que máis me chamou a atención foi o de Marcos Calveiro co "Favorite things" de John Coltrane.
Saúdos
Anxo
Que interesante!
Moitas grazas!
Ola, quería contactar con vos via email, pero non atopo email voso polo blog, como podo facer?
Saúdos
Anxo
O enderezo está no lateral, debaixo do buscado, onde pon "Escríbenos":
trafegandoronseis@hotmail.com
Pois non vos vía ese apartado, tedes tantas cousas!
Grazas Ronsel
Non pasa nada; efectivamente, non se atopa moi ben. Mirarei de cambialo de lugar.
Publicar un comentario