Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/09/11

Más Malas ventas

Se o outro día falabamos deste primeiro libro, agora chegamos ao segundo, moitísimo máis curto có anterior, e que me gustou menos. O autor é Alex Robinson e está igualmente publicado por Astiberri.
Non é unha continuación do anterior, como eu agardaba, senón que son historias curtas deses personaxes, un toque máis sobre as súas vidas que conserva moitas das virtudes do primeiro (e independente) libro pero que non chega á súa xenialidade. Mesmo ás veces dá a impresión de que algunhas destas historias deberían estar incluídas no outro libro porque semellan anteriores nas vidas dos personaxes.
Non faltan as desventuras da vida cotiá nin as inseguridades que nos provoca a mesma, cos nosos defectos e as pequenas virtudes. Pero a min decepcionoume algo, xa que agardaba algo máis despois de ler Malas ventas.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.