Falando de libros co meu alumnado de 2º de ESO (raro, raro!) comentáronme que estaban a ler en lingua española Cuentos de un invierno, da editorial Alfaguara. Asegureilles que non o coñecía pero que quería velo e cal foi a miña sorpresa cando me decatei de que non era outro que o meu fermoso Contos de Nadal de Manuel Rivas, publicado magníficamente por Xerais no ano 2003 con ilustracións de Miguelanxo Prado, un deses libros-alfaia que ocupan un lugar preferente nos meus andeis, relatos que agora recuperan na publicación do volume dos seus contos reunidos O máis estraño.
Volvín a relelo, por máis que os tiña esquecidos, por tentar comprender por riba de todo que lles resultaba tan complicado a críos e crías bos lectores que teño nas aulas. Volvín a gozar coa prosa de Manolo Rivas, quen gaña nas distancias curtas. Se adoro os seus artigos xornalísticos, encántanme os seus relatos curtos, moito máis que as súas novelas. Sabe imprimir como poucos e comprimir en poucas páxinas a melancolía, a emoción, a incerteza, o desacougo, a condena, a amizade, a fame, a soidade, o desexo, o amor... Oito relatos que procuran máis alá dunha mirada, que chegan até o fondo e que comparten tanto!
Así, un deles, "A barra de pan" foi o elixido para que constitúa o noso achegamento á Ilustración que imos traballar nas próximas semanas: o alumnado deberá tentar emular a Miguelanxo Prado e, por suposto, o mellor obterá premio.

3 comentarios:
Ten moi boa pinta iso de Achegamento á ilustración, poderías facer unha entrada explicándonos a iniciativa.
Admiración traballadora.
Bks.
Prezada Pilar: cando teña o traballo feito, haberá entrada, xa o sabes. O alumnado terá de ilustrar ese conto, a ver...
Ah, é que pensei que era unha actividade diferente tipo achegamento a diferentes ilustradores ou así. Está ben, agardaremos logo.
Bks.
Publicar un comentario