Chegou cunha maleta. Permaneciamos intrigad@s mentres ía tirando obxectos dela e preguntabámonos de que ou para que ou por que. A resposta: a poesía está en todo, só temos que observar atentamente e deixar que as palabras flúan. Sobre todo, debemos vivir con intensidade e non esquecer os nosos soños, perseguilos, ir a por eles. Carpe Diem.
Así comezou Raúl Vacas a falar, xusto despois de que o alumnado de 3º de Diversificación nos amosase o seu traballo previo e o presentase. Logo, xa a soas, confesoume o moito que lle gustara ese xesto, ese alumnado que deu horas e cara para estar alí ao seu carón.
Raúl Vacas gusta de escribir sobre as cousas cotiáns, busca nelas o seu lado poético e... atópao. A poesía forma parte da súa vida dende a adolescencia e non o abandona. De cada situación, de cada pequena circunstancia, el busca un poema. Porque os poemas deben provocar sensacións. De calquera tipo: risos, tristura, lembranzas... calquera efecto secundario. Con rima ou sen ela, iso non importa. O que importa son esas sensacións que o ser humano vai sentir ao ler poesía.
Ler é conversar co escritor. Os libros están vivos, se o lector escribe neles é cando se produce o diálogo. E non esquezamos que o escrito ten que ver co noso estado de ánimo: podemos ler algo que non nos guste arestora e dentro de dous días, dous meses, dous anos, admiralo. Tamén pode ocorrer o contrario. A literatura está viva. E iso é porque a poesía forma parte do noso devir cotián, pode chegar a se converter nun vicio... san. Ser poeta só significa reflexionar un pouco máis, pararse naqueles aspectos que poden pasar desapercibidos. Un poema é unha fotografía feita con palabras. Tamén é un agasallo. Poesía e maxia van da man, ambas buscan emocións. Mesmo podemos considerar a poesía baixo outra óptica: ten un efecto terapéutico.
As súas últimas palabras: Hai cousas qeu só suceden unha vez na vida; por iso hai que estar atentos para atrapalas e non permitir que fuxan.
E, mentres, as súas palabras exemplifícabanse: poesía curativa: unha crema poética. Vicio san: caixa de poesía con cigarros poéticos... Unha demostración clara de que, efectivamente, todo é poesía. Só temos que buscala. E querela.

27 comentarios:
Este poeta gustoume moito, porque nos ensinou cousas e obxectos que ensinan que a poesia é moi importante e bonita.
pareceume moi divertido
Eu divertinme moito.Sobre todo cando leu o poema co megáfono e saíu a mariposa do libro. Foi o primeiro liro de poemas que lin e se todos son tan bonitos coma este vounos ler sempre.
Raùl Vacas è un poeta moi bo, a poesìa que màis me gustou de cando estivo aquì foi a de unha nena de quince anos. È as do libro todas estiveron moi ben, foi un libro de poesia precioso.
Gustoume moito porque deunos unha imaxe da poesia que non coñecimos e amosounos cousas moi interesates que non coñeciamos.Deunos a enterder que todo se pode convertir en poesia.
Pareceume moi divertido o que fixo e os xogos que fixo pero, o que máis me gustaron foron as dedicatorias.
Raùl vacas gustoume moito porque foi moi divertido e moi entretido
A visita de Raúl Vacas foi entretida e divertida sobre todo cando leu un poema cun megáfono e do libro que nos leu ao final da visita do que saltara a bolboreta falsa.
Pareceume unha das visitas máis interesantes que tiven no centro ata agora. Gustoume a forma que ten para compartir a poesía, en paquetes de poesía, caixiñas de haikus... e sobre todo, a forma na que escribe as súas poesías. =)
Un encontro máxico para disfrutar da poesía e deixar de pensar na escola.
Gustoume moito a visita de Raul Vacas; foi moi divertido e entretido, trouxo unha maleta moi curiosa dentro levaba moitas cousas que inventara e tamén gustoume ao final que estaba a ler un libro que trataba duhas bolboretas e saiu unha bolboreta de xoguete voando.
Encantoume o autor,é moi divertido e gracioso,leunos unhos poemas moi graciosos e bonitos,os seus poemas inspiráronme e agora gástame máis a poesia,agardo que volva por aquí outra vez.
estivo moi ben, a charla foi moi entretida e o libro "consumir preferentemente" é moi divertido
Gustoume moito porque o tipo era moi agradable e pasámolo moi ben
Esta charla estivo moi ben, foi divertido estar alí.
Esta visita estivo ben, foi moi entretida e as cousas que trouxo na maleta eran curiosas pero estaban moi ben sobre todo o libro que lanzaba unha bolboreta.
este dia pareceume un pouco aburrido pero o señor travallou moito o discurso
O poeta estivo moi ben, agradable e moi divertido. Lía unhas poesías preciosas
gustoume moito o poeta
este libro é moi chulo e ten poemas moi curtos e bonitos
Gustoume porque a actividade foi interactiva e interesante
Gustoume moito porque me fixo entender mellor a poesía
Raùl vacas gustoume moito porque foi moi divertido e moi entretido.
Esta charla gustoume moito, sobre todo polos poemas cando estaban nas aspirinas e na caixa de tabaco.Encantoume.....!!!!!
Gustoume a visita de Raúl Vacas, ensinounos cousas moi interesantes que non sabiamos da poesía
O que me gustou deste escritor foi que nos fixo ver a poesía de moitas maneiras.
A charla de Raul Vacas gustoume moito porque falaba de formas orixinais de facer poesia e enamorar a rapazas.
Publicar un comentario