Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/03/09

Retos matemáticos... e non tanto (XX)

Non sei por que me dá no nariz que esta semana ides acabar pronto...

Reto 1.- María e Pedro son dous nenos que están cos seus pais. Queren cruzar un río e dispoñen tan só dunha barquiña na que caben dous nenos ou unha persoa maior. Como poden facer para cruzar os catro á outra beira do río?

Reto 2.- Un granxeiro posúe un campo moi grande en forma de paralelogramo ABCD. No seu interior atópase un pozo nun punto calquera que chamaremos O. No seu testamento, o granxeiro dálle ao fillo maior os campos triangulares AOB e OCD, e o resto ao fillo menor, quedando o pozo en copropiedade.
Sabendo que a lonxitude do lado AB é maior que a do lado BC, cal é o máis favorecido dos dous irmáns?

Reto 3.- Cal é o valor das letras neste gráfico?

14 comentarios:

Anónimo dixo...

Reto 1.-
Para entendernos chamemos beira 1 á beira de onde saen, e beira 2, ao lado que queren chegar.
Primeiro cruzan María e Pedro. Unha vez na beira 2, Pedro quédase aí e María cruza para a beira 1. Logo, cruza ou o pai ou a nai, e unha vez que chega á beira 2, Pedro volve á beira 1 e recolle á súa irmá para levala á beira 2. Pedro deixa a súa irmá na beira 2 e retorna á beira 1, onde só queda ou o pai ou a nai (o que non cruzara antes). Esta persoa, como é adulta, só pode cruzar ela soa á beira 2, e unha vez alí, María vai á beira 1 por seu irmán e volven os 2 para a beira 2, onde xa estarán todos.

Anónimo dixo...

-Reto 1-

1ªVIAXE: os dous irmán xuntos cruzan a outra beira do río, un deles quédase e o outro volta coa barca.

2ªVIAXE: cruza o río o pai solo. Unha vez cruza o neno que xa estaba alá volta ca barca.

3ª VIAXE: volven cruzar os dous irmán xuntos e quedando de novo tan só un, e o outro volta xunto a nai.

4ª VIAXE: cruza a nai soa, e volta ca barca o irman que quedara xunto o pai.

5ª VIAXE e última: os dous irmáns cruzan xuntos.

Anxinho dixo...

parabéns aos dous! (este é un problema clásico, verdade?)

E que pasa cos outros... acaso considerades que son moi difíciles, hehehehehe... (risa maléfica... máis que nada, por meter presión!)

Anónimo dixo...

Anxo, eu non dou; e seguro que pasei máis tempo que Marcos e Cristina xuntos pensando no carallo da barquiña!!.......problema clásico dis!

Anónimo dixo...

Pois logo a ver se fago eu un. Se non meto o zoco, o paralelogramo ten unha altura "h" que podemos cortar por unha paralela a AB que pase por O, é dicir que h=h1+h2, así quedaría que a superficie para o irmán maior sería a da suma dos dous triángulos que teñen por alturas h1 e h2:
AB·h1/2+CD·h2/2=AB·h1/2+AB·h2/2=AB·(h1+h2)/2=AB·h/2, é dicir, a metade a área do paralelogramo.
Polo tanto non hai ningún mellor que outro, e se o hai... que alguén me corrixa, que para iso hai por aquí xente pensante.
Saúdos para tod@s.

Anxinho dixo...

Benquerido Ernesto, simplemente será que eres de interior e te levas mal coas barcas... non te traumatices!
unha aperta

Anxinho dixo...

Xa ves, bolbor. Que mellor que repartir a partes iguais "como buenos hermanos"...

Anónimo dixo...

¿ninguén sabe facer o terceiro? eu non lle topo traza pero estou intrigado

Anxinho dixo...

home! eu sei a resposta, pero aínda teño a esperanza que algunha das cabezas pensantes que nos visitan sexa quen de resolvelo. Se non é así, fareivos facer copias!!

Anónimo dixo...

A miña lóxica (que de lóxica pouco ten) dime que no reto 3, A=1, B=6 e C=483. Van un pouco(bastante) ao tuntún, pero por probar que non quede.

Anxinho dixo...

... ás veces, a lóxica funciona. pero, sinto dicirche, que non é o caso!

Tan difícil é??? Non queriades caña?? hehehe (risa malvada)

Anónimo dixo...

Pode que o C sexa 316??
Necesito unha resposta XAA!!!
jijiji (risa nerviosa)

Anónimo dixo...

Vale, téñoo!

Bueno, conste que non o solucionei eu, pero teño cerebros traballando pra min...^^

A= 10
B= 24
C= 160

E teño explicación e todo..^^

2
x = 6 (+4) = 10
3
16x10 =160
3
x = 12(+4) = 16
4
16x24 =384
4
x = 20(+4) = 24
5



Resolto en 3 minutos.

:D

Anxinho dixo...

Pois noraboa aos teus asesores. Hai que recoñecer que fun un pouco malote esta semana... Pero ao césar o que é do césar, quen serán eses asesores teus??

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.